Día da Poesía 2021

Publicado el

Segundo a UNESCO, que adoptou por primeira vez o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía durante a súa 30ª Conferencia Xeral en París en 1999, esta data conmemora unha das formas máis prezadas da expresión e identidade e lingüística da humanidade. A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a paz. O obxectivo da UNESCO ao conmemorar esta data é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilización daquelas linguas que se atopan en perigo.

Como sigue dicindo a UNESCO, xa que a poesía continúa unindo persoas en todos os continentes, todas están convidadas a unirse. Desde a Biblioteca aceptamos este chamamento e levamos a cabo unha serie de accións de promoción desta forma literaria que resumimos a continuación:

 

Poesía na Biblioteca: Poemas en feminino

Integrando nun único relato o Día Internacional da Muller (8 de marzo) e o Día Mundial da Poesía (21 de marzo) este ano realizamos unha mostra bibliográfica centrándonos na poesía escrita por mulleres. En concreto, poesía escrita por mulleres galegas, que en xeral se revolveu contra a tradición para explorar territorios que aínda non foran escritos con voz de muller.

Podedes ver esta exposición no vestíbulo da entrada da Biblioteca en horario de apertura, de balde.

Deixamos aquí a Guía de lectura da mostra: Mostra bibliográfica Poemas en feminino. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

 

Poesía na EbiblioDaCoruna

Na EbiblioDaCoruna elaboramos un carrusel de lecturas de poesía en galego e castelán moi heteroxéneo, de poetas con unha traxectoria recoñecida ou ben principantes, poetas da casa ou ben do estranxeiro que se presentan traducidos, poesía para público infantil, xuvenil ou para persoas adultas… En fin, tratamos de que teñas o gusto e o perfil que teñas, atopes algún poemario que che interese.

Estes son algúns dos libros para público infantil e xuvenil que atoparás no carrusel:

E estes son exemplos dalgúns dos poemarios para público adulto entre os que poderás escoller:

 

Accede á EbiblioDaCoruna coas túas claves do préstamo dixital e descarga libremente estes e outros contidos do carrusel dedicado ao Día da Poesía.

 

Poesía na Biblioteca Infantil e Xuvenil

Desde o berce oímos poesía ao noso redor: sexa en forma de poemas infantís ou poesía musicada, pero o certo é que ao medrar con frecuencia imos perdendo contacto con este xénero literario. Desde a Biblioteca Infantil e Xuvenil dicimos: Poetízate. Como di Fran Alonso, a poesía non é difícil, nin cursi, nin aburrida… Só temos que elixir ben a nosa lectura.

Para axudarvos na elección, deixámosvos esta pequena guía: Guía de poesía Infantil e Xuvenil: Poetízate

Ademáis, propoñemosvos esta vídeo recomendación de Versos e viceversos, de Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín Ramos. Dispoñible coa sinatura P GAR ver / v

 

 

Poesía no EbiblioDaCoruna Club Lector

No club nunca deixamos pasar a oportunidade de conmemorar calquera efeméride literaria, xa que nos encanta celebrar e compartir recomendacións case con calquera motivo. O ano pasado tivemos unha choiva de poemas que José Antonio, Isabel, Gloria, Teresa, Patricia, María, Oliva, Pilar etc. compartiron con este motivo. Nesta edición agardamos descubrir novos poemarios grazas ás recomendacións, así que se tes a algún autor ou autora que cres que vale a pena que as demáis persoas coñezamos, non o dubides e comparte!

 

Deixámosvos algunhas das contribucións do ano pasado:

 

Xa sabedes, ide elixindo poema, e participade na actividade do Club!

 

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *