Día da Nai Terra

Publicado el

Hoxe, 22 de abril, celébrase o Día Internacional da Nai Terra, unha efeméride oficial proclamada polas Nacións Unidas co obxectivo de concienciarnos sobre os problemas derivados da superpoboación, contaminación, a non conservación da biodiversidade…, e cuns obxectivos claros: concienciarnos e dar visibilidade os problemas que afectan ao noso planeta e facernos ver a necesidade imperiosa de acadar un equilibrio entre as necesidades económicas, sociais e ambientais das xeracións presentes pero sobre todo das futuras.

O promotor da idea, na que posteriormente se asentou esta celebración, foi un senador estadounidense, Gaylord Nelson, quen aló polos anos 70 do século XX, propón a creación dunha axencia ambiental que creara unha serie de leis destinadas á protección do medio natural. Pouco tempo despois, en 1972, celebrouse a primeira conferencia internacional sobre o medio, O Cumio da Terra de Estocolmo, coa idea de sensibilizar as líderes mundiais sobre a magnitude dos problemas ambientais. Co paso dos anos, cada vez máis países estanse a unir e colaborar na elaboración de documentos e intentando implementar un desenvolvemento sostíbel. Pero a pesar de este feito, a situación non parece mellorar e, seguimos sufrindo a extinción de especies animais e vexetais, a acidificación dos océanos, contaminación dos acuíferos, emisións descontroladas de dióxido de carbono á atmósfera…Todo isto tradúcese por exemplo en fenómenos metereolóxicos extremos.

O contrapunto a todo isto, iníciase en 2005, cando a ONU, pon en marcha o premio denominado “Campeones de la Tierra”, a través do que se pretende recoñecer o labor de persoas ou entidades que traballan e defenden un futuro mellor para o noso planeta. Trátase do máximo galardón medioambiental do mundo. Pode participar calquera persoa, incluso se pode propoñer a quen se considere que  o merece. Se queres máis información podes obtela nesta páxina web.

Se queres obter máis información podes facelo grazas a títulos presentes na nosa biblioteca dixital EbiblioDaCoruna, como por exemplo os seguintes:

 

 

 

 

Mejor sin plástico: guía para llevar una vida sostenible

González, Yurena

 

 

 

 

 

 

 

Residuo cero en casa: Guía doméstica para simplificar nuestra vida

Johnson, Bea

 

 

 

 

 

 

Cambiemos el mundo: #huelgaporelclima

Thunberg, Greta

 

 

 

 

 

 

 

 

Ecología oscura : sobre la coexistencia futura

Morton, Timothy

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Medio ambiente y salud

Valls-Llobet, Carme

 

 

 

 

 

 

 

El futuro es vegetal

Mancuso, Stefano

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Inteligencia  ecológica y medio ambiente: cómo proteger el medio ambiente utilizando nuestro poder como consumidores

Daniel Goleman

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *