Día da Muller Traballadora: maxia pola igualdade

Publicado el

«Maxia pola Igualdade»

Actividade polo Día da Muller  na Biblioteca Provincial da Coruña
A nosa protagonista, Fani Triana,  chega a casa despois dunha xornada longa de actividades.
Coma a todas as mulleres, o día non remata chegando ó fogar.
A ilusionista creará fantasías cá louza da cociña, vasoiras, roupas, panos, mobiliario do salón, demostrará o sexto sentido e a intuición feminina, e rematará cunha exposición de forza física e mental: a mesma forza que durante décadas levan amosando as mulleres en prol dos seus dereitos fundamentais.

DÍA: o martes día 7 de marzo do 2017

HORARIO: de 17:00 a 18:00 h

Na sala Manuel López. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Público Familiar. Entrada aberta

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *