Día da Biblioteca 2020

Publicado el

 

  • UNS MINUTOS NA BD…

Do 19 ao 23 de outubro compartiremos cada día nas redes sociais da Biblioteca Provincial diferentes recunchos e fondos destacados da Biblioteca. Nesta época na que non podemos funcionar con normalidade e non podemos facer as visitas guiadas, queremos achegarvos un anaquiño da biblioteca e que nos coñezas un pouco máis!

  • Luns 19/10 ás 12:30 h. Fondos Musicais..
  • Martes 20/10 ás 12:30 h.Emilia Pardo Bazán
  • Mércores 21/10 ás 12:30 h. A Sala Manuel López
  • Xoves 22/10 ás 12:30 h. O Fondo Antigo
  • Venres 23/10 ás 12:30 h. Servizos dixais
  • Sábado 24/10 ás 12:30 h. Uns minutos na BD

Podes ver os contidos de cada día nas nosas redes sociais.

  • NO CLUB DE LECTURA EBIBLIODACORUNACLUB

Estamos lendo Club Arredor dos libros o libro “Aqueles días en que eramos malas” de Inma López Silva, que comezou o 14 de outubro.

Podes unirte ao club en: https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es/

  • #LEOAUTORASOCT

Coincidindo co Día das Escritoras o día 19 de outubro, decidimos unirnos á campaña #LeoAutorasOct para loitar contra a desigualdade entre o número de publicacións de escritoras e escritores.

Do 19/10 ao 31/10 recomendamos a unha escritora da provincia da Coruña, crearemos unha imaxe cunha frase célebre e recomendaremos a lectura dunha obra súa coa etiqueta que usamos na Biblioteca Provincial de #untítuloaodía.

  • NA EBIBLIODACORUNA

Na biblioteca dixital ebibliodacoruna crearemos un carrusel adicado aos recursos dixitais que adicados ao mundo das bibliotecas.

Entra e presta ti mesmo/a os recursos: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/

  • MOSTRA BIBLIOGRÁFICA NO VESTÍBULO

O 22 de xuño de 2019 o Pleno da Real Academia Galega acordou en sesión ordinaria homenaxear a Ricardo Carballo Calero (que dende o ano 1981 asinaba as súas obras como Carvalho Calero) no Día das Letras Galegas de 2020.

Porén, debido ás circunstancias nas que nos atopabamos en maio de 2020, cando debía celebrarse a homenaxe, a institución decidiu atrasar a celebración ata o 31 de outubro de 2020.

Por outra banda, a BNE celebra este ano o 19 de outubro (sempre é o luns máis próximo ao 15 de outubro) o Día das Escritoras, e durante todo o mes de outubro nas redes sociais ten lugar a campaña #LeoAutorasOct.

Aproveitando a feliz coincidencia na mesma franxa temporal a homenaxe ás escritoras coa conmemoración adiada do Día das Letras Galegas dedicada este ano a Carvalho Calero, e coa celebración do Día Mundial da Biblioteca, realizamos unha mostra bibliográfica no vestíbulo da Biblioteca sobre as escritoras da provincia da Coruña seleccionadas xunto con obras do homenaxeado polo Día das nosas Letras.

Catálogo da mostra: Mostra bibliográfica Día das Bibliotecas 2020. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

 

  • RELATOS DO CONCURSO #HOXEESCRIBOEN

Xa podedes ler todos os relatos do concurso #HoxeEscriboEn en https://ebibliodacoruna.odilotk.es/info/relatos-hoxeescriboen-2020-00081233

Programa completo  Dia da biblioteca 2020 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *