Despedimos un 2020 atípico

Publicado el

Este ano foi diferente para todos, e a Biblioteca non foi a excepción. Marcada polas novas normas referidas á pandemia, adaptouse ás circunstancias desde o primeiro minuto da declaración do estado de alarma, a través do impulso aos servizos dixitais dos que xa dispoñía, e a remodelación dos presenciais. Facemos un pequeno repaso das accións que levamos a cabo neste ano…

 

Aumento da información bibliográfica e animación á lectura a través das redes sociais: campañas #bookfacefriday, #leoautorasoct, #etidequenvessendo, #untítuloaodía, etc.

As redes sociais foron unha das canles que máis intensamente utilizamos durante a pandemia, e especialmente nos meses de confinamento, para comunicarnos convosco…

 

BOOKFACEFRIDAY

Publicamos estas divertidas imaxes os venres, como outras bibliotecas participantes no proxecto #bookfacefriday. En que consiste? Pois trátase de recomendar un libro facendo unha fotografía combinando a portada dun libro cunha persoa e escenario reais. Durante estes meses estivemos facendo o esforzo de crear estas imaxes desde as nosas casas, esperamos que as desfrutes e che dean ideas para a túa próxima lectura. Todos os venres ás 8:00 h no noso  Instagram e Twitter. Cumprimos xa máis dun ano con esta iniciativa, e recollemos as 52 fotografías nunha mostra bibliográfica visible no vestíbulo da Biblioteca.

 

UNTÍTULOAODÍA

Todos os días elaboramos para ti unha pequena recensión dun libro, para recomendar autores, conmemorar efemérides, darche ideas sobre a túa próxima lectura… Calquera destas recomendacións están sempre dispoñibles para ti na biblioteca dixital  EbiblioDaCoruna. Publicámolas todos os días do ano no noso  TwitterFacebook e Instagram.

 

ETIDEQUENVÉSSENDO

Durante unha tempada os luns de cada semana estivemos propoñendo unha personaxe, relacionada cos libros, que había que ir descubrindo coas pistas que compartiamos nas redes sociais da biblioteca. As persoas deixaban os seus comentarios, e todos os venres dabamos a solución!

 

LEOAUTORASOCT

O día 19 de outubro de 2020 celébrase o Día das Escritoras impulsado pola BNE. Ao mesmo tempo, con motivo desta data celébrase nas redes sociais durante todo o mes de outubro a iniciativa #LeoAutorasOct, que xurdiu dun grupo de twitteiras ao atopar grande desigualdade entre o número de escritores e escritras que se lían ao ano. Con este  motivo a Biblioteca promociona a unha escritora da nosa provincia, a través dun título e unha pequena cita cada día. Podes ver as recomendacións na Axenda da páxina web e nas redes sociais da Biblioteca.

 

BBTK INFANTIL E BIBLIOTECA XUVENIL: RECOMENDACIÓNS DIARIAS “UN DÍA, UNHA COR”

Debido ás precaucións na Biblioteca por mor da COVID-19, non podemos acceder directamente aos libros para ver as portadas, pasar as follas, mirar o resumo ou as ilustracións, e elixir a nosa próxima lectura. Unha mágoa, verdade?

Así que desde a Bbtk Infantil e a Biblio Xuvenil decidimos axudarche: de luns a venres publicaremos unha recomendación diaria por cores, cada día unha cor, na seguinte orde: azul, vermello, verde, amarelo e morado.

Segundo a túa idade, permanece atento á recomendación diaria, seguro que atopas algún que che guste!

 

OUTRAS INICIATIVAS

Durante a pandemia e actualmente, seguimos con moita difusión literaria e cultural a través das redes: domingos musicais, venres de arte, os curiosóns, o pensamento literario da semana…

 

Lanzamento de actividades relacionadas coa lectura no ámbito dixital: Club de lectura dixital EbiblioDaCoruna

 

EBIBLIODACORUNA Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como de autores galegos, tendo en conta a actualidade, intereses e gustos dos participantes. É un club virtual de lectura da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña dirixido a todos os usuarios lectores das bibliotecas municipais da provincia da Coruña.

Para poder formar parte deste Club de Lectura Virtual é preciso primero formar parte da Biblioteca Dixital EBIBLIODACORUNA (Date de alta aquí), que é a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para as bibliotecas municipais da provincia da Coruña.

O club divídese en dúas salas, “Arredor dos libros” dedicado a escritores galegos, e “Compartiendo lecturas”, no que se percorren libros de variada temática e de actualidade en castelán, coa seguinte programación para o ano 2020:

 

Club Compartiendo lecturas:

  • «Lluvia fina», de Luis Landero. Comeza o 4 de febreiro.
  • «Sueños en el umbral», de Fatima Mernissi. Comeza o 26 de marzo.
  • «Cien años de soledad», de Gabriel García Márquez. Comeza o 7 de maio.
  • “El orden del día”, de Eric Vuillard. Comeza o 1 de outubro.
  • “El asesino tímido”, de Clara Usón. Comeza o 19 de novembro.

 

Club Arredor dos libros:

  • «Infamia», de Ledicia Costas. Comeza o 27 de febreiro.
  • «Ilustrísima», de Carlos Casares. Comeza o 23 de abril.
  • «O lado do que dormes», de María Canosa. Comeza o 25 de xuño.
  • “Aqueles días en que eramos malas” de Inma López Silva. Comeza o 14 de outubro.
  • “Retrincos. Un ollo de vidro”, de Castelao. Comeza o 9 de novembro.

 

Ademais, puidemos desfrutar de encontros virtuais con Ledicia Costas, María Canosa e Inma López Silva grazas á boa disposición das autoras a compartir cos lectores o seu tempo.

 

Promoción do préstamo de libros dixitais a través da plataforma EbiblioDaCoruna.

EBIBLIODACORUNA é a plataforma  gratuita de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros, e outros contidos dixitais das máis variadas temáticas, que a Deputación da Coruña pon en servizo para todas as persoas usuarias de calquera biblioteca pública municipal da provincia da Coruña ou da Deputación.

Unha biblioteca dixital gratuita que podes levar contigo nun só click e sen ter que desprazarte á biblioteca.

Ebooks, xornais, revistas, audiolibros, contidos de literatura infantil e xuvenil…

Ademáis, realízanse escaparates de libros para datas especiais (centenarios de escritores, Día da Biblioteca, Día das Letras Galegas, etc.).

Máis de 5.100 contidos prestables en dous pasos, da biblioteca ó teu móbil, tableta, ordenador… Ata 6 dispositivos vinculados. Dispoñible app para móbil e tablet Android e iOS.

 

Estatísticas de préstamo da plataforma:

Na plataforma de préstamo dixital EbiblioDaCoruna prestáronse no período 24/10/2019-16/10/2020 o número de 16.527, cando no mesmo período do ano anterior foi 7.706 (incremento dun 114%).

Asemade, as reservas sobre libros pasaron no mesmo período de 3.313 a 1.262 (incremento dun 163%).

Os contidos máis prestados no período mencionado son:

En ebooks:

  • Infamia
  • Lluvia fina
  • Loba negra
  • El orden del día
  • La cara norte del corazón

Ebooks en galego:

  • Infamia
  • Un lume azul
  • O lado do que dormes
  • Aqueles días en que eramos malas
  • Ollos de auga

Ebooks non ficción en galego:

  • Dende Finlandia con amor
  • A morte de Galicia
  • Vivir na fin do mundo
  • Guía de campo da Galicia Encantada
  • Ricardo Carvalho Calero : a pegada do compromiso

Ebooks en castelán:

  • Lluvia fina
  • Loba negra
  • El orden del día
  • La cara norte del corazón
  • Reina roja

Ebooks en xuvenil:

  • Los cuentos que nunca nos contaron
  • El viaje de Cilka
  • Os corpos invisibles
  • Un monstruo viene a verme
  • Mara Turing : el despertar de los hackers
  • Europa Express
  • Como entrenar a tus padres

Ebooks de infantil:

  • Rapunzel con piojos
  • Invisible
  • Caperucita en Manhattan
  • Escarlatina, a cociñeira defunta
  • 25 cuentos mágicos para leer en 5 minutos
  • Los cuentos que nunca nos contaron
  • La niña más pequeña de toda la escuela

En audiolibros:

  • Sidi
  • La novia gitana
  • Reina roja
  • Yoga para mi bienestar : me escucho, me cuido, me quiero
  • El pintor de almas

En xornais:

  • El País
  • La Vanguardia
  • La Razón
  • ABC
  • CincoDías

En revistas:

  • ¡Hola!
  • Computer Hoy
  • El Jueves
  • Clara
  • Viajes National Geographic

 

Libros en papel máis prestados:

  • Patria de Fernando Aramburu
  • La Novia gitana de Carmen Mola
  • Terra alta de Javier Cercas
  • La red púrpura de Carmen Mola

 

Concursos de animación á lectura para adultos e para persoas novas, a través das redes sociais e sen necesidade de desprazamento á biblioteca

CONCURSO XUVENIL: QUE NON PARE O CONTO!

Para lectores e lectoras de entre 12 e 17 anos.

Este verán no que non podemos viaxar tanto coma outros anos, queremos coñecer que vas ler e onde. Así que envíanos unha foto e entra no sorteo dunha tableta. É moi sinxelo:

Primeiro: elixe a túa lectura e o teu lugar favorito para ler, dentro da provincia da Coruña. Que sexa ben fotoxénico porque querémolo publicar!

Segundo: pide a alguén que che faga unha foto lendo nese lugar especial. Envíanos esa foto a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal xunto co teu nome e apelidos, un teléfono de contacto, o libro que estás a ler e a súa autoría, e o lugar no que estás a ler. Envía tamén a autorización asinada que xuntamos e que tamén podes atopar na web da biblio www.dacoruna.gal/biblioteca

Terceiro: entre todas as persoas que participedes sortearemos unha tableta en setembro.

Lembra que a foto que mandes ten que cumprir as bases e que precisamos a autorización asinada para poder participar.

 

CONCURSO #HOXEESCRIBOEN

8ª edición do concurso de relatos e fotografías dos concellos da provincia da Coruña

Xa está aquí o concurso de verán para todas as persoas lectoras da provincia da Coruña! Saca a túa creatividade á rúa e móstranos o teu concello dun xeito orixinal, poderás gañar unha noite para dúas persoas con cea, almorzo e acceso ao spa no recentemente inaugurado Parador de Muxía. Ademais deste premio, entre os participantes de cada concello sortearanse un lote de libros e produtos da provincia.

Desde a Biblioteca Provincial e Turismo da Deputación da Coruña queremos animarte a que escribas e saques á luz o teu talento creativo, ao mesmo tempo que fomentas o patrimonio do teu concello: redacta un relato ambientado ou referido ao concello no que vives, pode estar relacionado coa historia local, cunha lenda, cunha tradición do teu concello, cun persoeiro destacado, cos valores positivos do teu concello, a riqueza natural, cultural ou medioambiental… calquera aspecto que axude a destacar o lugar no que vives. Presume do teu concello!

Bases completas aquí:

https://deputaciondacoruna.tubiblioweb.comhoxeescriboen-relatos-e-fotografias-dos-concellos-da-coruna-8a-ed/

 

Adaptación dos servizos presenciais: cita previa e aumento do número de ítems para prestar

CITA PREVIA

Debido ás circunstancias excepcionais que estamos a vivir, é preciso solicitar cita previa para préstamo, información, solicitude de carné, atención a investigadores e calquera outra actividade que se vaia realizar na biblioteca que non sexan devolucións, servizo de hemeroteca e sala de lectura.

Podes solicitar a túa cita en https://www.dacoruna.gal/cita-previa

Se a cita a pides para préstamo, no campo “Comentarios” do formulario indica as sinaturas e títulos dos libros que queres solicitar para que os teñas preparados cando veñas buscalos.

É moi sinxelo pedir a cita, pero se queres un pequeno paso a paso, atoparalo aquí xunto a un vídeo explicativo: https://deputaciondacoruna.tubiblioweb.comprestamos-con-cita-previa/

 

AUMENTAMOS O PRÉSTAMO

Pola túa seguridade, para que non teñas que acudir con tanta frecuencia á Biblioteca a polos teus libros, aumentamos o número de materiais que podes levar prestados de cada vez.

Se es maior de 18 anos podes levar 6 libros, 6 películas, 6 CD de música e 5 contidos dixitais.

Se es menor de 18 anos podes levar 6 libros, 4 películas, 2 CD de música, 2 CD-ROM e 2 revistas.

Podes consultar todas as normas do préstamo aquí: https://deputaciondacoruna.tubiblioweb.comservizos/servizo-de-prestamo/

 

Por seguridade e seguindo as medidas regulamentariamente establecidas, reduciuse o aforo en todas as salas da Biblioteca.

 

A páxina web: a túa Biblioteca na nube

A páxina web dacoruna.gal/biblioteca é o escaparate da Biblioteca na rede: celebración de días especiais, libros recomendados, formularios en liña para facerse socio/a, información sobre os fondos especiais da biblioteca, acceso ao catálogo, programación das actividades, revista da Sala Xuvenil, actualización de horarios, trámites sobre préstamos a clubs de lectura da provincia,  axenda dos eventos da Biblioteca, boletín de novidades literarias, información bibliográfica especializada sobre fondos destacados… Todo é consultable a través da web. Dispoñemos tamén dun servizo RSS para que recibas no correo as actualizacións na web.

 

 

 

Categorizado como: Blog

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *