Deseño de videoxogos en 3D (online)

Publicado el

Curso de Deseño de videoxogos en 3D (en liña).

 

Características:

Idade: de 8 a 12 anos.

Duración: 4 sesións de 1,5 horas cada unha.

Días: 23 e 30 de xaneiro, e 6 e 13 de febreiro.

Horario: de 11.30 a 13.00 horas.

Prazas: 10 nenos/as.

Prazo de inscrición: comeza o 12 de xaneiro.

 

 

Modalidade en liña: 

  • Conexión por Microsoft
  • Non son necesarios coñecementos previos.
  • Compartición de pantalla do docente.
  • Resolución de dúbidas en tempo real, por voz e chat, compartindo a pantalla do alumno/a e por correo electrónico entre sesións.

 

Necesidades tecnolóxicas:

  • Conexión a internet cun ancho de banda razoable.
  • Altofalantes e micro ou cascos.

 

Inscrición:

Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades, premendo en Inscrición nas actividades TIC e elixindo o curso de Deseño de Videoxogos en 3D.

A páxina para inscribirse ás actividades activarase o martes 12 de xaneiro ás 10.00 h da mañá.

Que a páxina permita a inscrición non implica a obtención de praza. Desde a Biblioteca poñerémonos en contacto cos/oas inscritos/as para comunicárllelo.

 Reservarase unha praza por nen@ (agás irmáns).

 

Aviso:

Os cursos son  totalmente gratuítos. Por iso debemos estar concienciados do importantísimo que é o compromiso e a conexión dos nenos/as á actividade todas as sesións.

Para calquera dúbida, chamar ao 981 080 171 ou escribir a biblioteca.info@dacoruna.gal.

 

NOTA IMPORTANTE

Para asegurar que non se producirán perdas de tempo durante os días de desenvolvemento dos talleres, farase unha proba de conexión cos nenos e nenas, previa ao arranque da actividade, tanto para a conexión das videoconferencias como polo funcionamento dos programas coas ligazóns de descarga dos arquivos que serán enviados.

2 thoughts on “Deseño de videoxogos en 3D (online)

  1. Ha sido un curso muy interesante.
    Estamos muy satisfechos tanto por el contenido como por la gran calidad e implicación del docente.
    Muchas gracias

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *