De Fronte contra a Violencia de Xénero: libros e recursos dixitais

Publicado el

Este 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e desde a Área de Igualdade da Deputación da Coruña puxeron  en marcha DE FRONTE á violencia de xénero, unha campaña e programa de actividades que apela directamente á implicación dos Concellos coruñeses, estendendo a chamada á acción a calquera outra entidade da provincia.

Esta campaña procura promover a creación dunha rede de administracións locais e entidades sensibles e comprometidas coa igualdade e a erradicación da violencia de xénero, xerando sinerxías entre elas, coa propia Deputación, e co resto da sociedade.

 

 

Dende a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña unimonos á campaña #DeFronte en contra da Violencia de Xénero da Área de Igualdade da Deputación da Coruña recomendando 1 recurso cada día durante este mes e dispoñibles nos fondos físicos e dixitais da Biblioteca Provincia.

Elaboramos esta guía de lectura na que podedes ver os materiais recomendados: Guía de lectura violencia de xénero

Todos os recursos físicos podes consultanos no catálogo da biblioteca https://www.dacoruna.gal/biblioteca e os recursos dixitais na biblioteca dixital https://ebibliodacoruna.odilotk.es/

Toda a información:  https://defronte.gal

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *