BDRecomenda… Día Mundial da Saúde

Publicado el

O 7 de abril conmemórase o Día Mundial da Saúde, e con este motivo recomendámosche varios materiais dispoñibles na Biblioteca, segundo a túa idade e intereses.

 

 

A continuación deixámosche as referencias dos recursos que recomendamos no vídeo:

 

Na Bebeteca…

El Doctor Guau y unos consejos para tu salud / Babette Cole

O doutor Guau é o médico de familia dos Palomares. Mentres cura a esta desastrosa familia, dános uns cuantos consellos básicos de hixiene e saúde de maneira clara e simpática.

Sinatura: 61 COL doc / z (Bebeteca)

 

 

Na Biblioteca Infantil e Xuvenil…

Vida sa! : desde a infancia e para sempre / María Corbacho, Enrique López

Por que teñen tan mala fama as graxas? Por que din que hai que beber moita auga? En que alimentos encontramos proteínas? Este é un manual de amor propio para nenos e nenas para quererse, respectarse e coidarse a través da comida e do exercicio, tres patas que conforman unha vida sa desde a infancia e para sempre.

Sinatura: 613 COR vid / v (Biblioteca Infantil e Xuvenil)

 

Un libro de adultos…

El Paciente siempre llama dos veces

O soro terminouse, as bombas deixaron de pitar e a Satu tócalle espertar do que fora o mellor contrato de verán, ou non. Porque a vida dunha enfermeira dá máis voltas que unha vendaxe compresiva, e os camiños do coidado nunca sabes por onde te van levar. Unha das moitas entregas de humor de Enfermeira Saturada, detrás da cal se atopa Héctor Castiñeira.

Sinatura 3M/6475 (tamén dispoñible na EbiblioDaCoruna).

 

Un libro de non ficción…

Tabulae anatomicae

A Italia do século XVI atraeu a gran cantidade de intelectuais de tódolos campos que posibilitou o cambio e a ruptura co modo de pensasr previo. No caso da anatomía, rompeuse coa teoloxía galénica imperante ata a data.

Este libro de bibliofilia é un exemplo de cómo o coñecemento anatómico foi o motor das ciencias médicas en xeral. As táboas de anatomía de Pietro Berrettino Cortonensi elaboradas con toda seguridade cara a 1618 revelan poses dramáticas e finamente estudadas, que revelan que o corpo humano foi obxecto de disección para avanzar no campo da saúde.

Sinatura: RA/175

 

 

Un libro da EbiblioDaCoruna…

Viral / Juan Fueyo

Escrito desde unha perspectiva científica, biolóxica e médica, “Viral” ten un marcado compoñente humanístico transmitido nas múltiples e interesantes anécdotas históricas, filosóficas, artísticas, literarias e doutras disciplinas -como a física e a astrofísica-, que o converte no libro de divulgación científica de referencia da pandemia.

Na EbiblioDaCoruna (e tamén na Biblioteca coa sinatura 3M/2058).

 

 

Para máis información e recursos sobre a saúde, podes acceder ao catálogo de recursos físicos aquí ou aos recursos dixitais da EbiblioDaCoruna aquí.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *