BDRecomenda… Día Mundial da Arte

Publicado el

O 15 de abril conmemórase o Día Mundial da Arte a iniciativa da UNESCO, unha celebración moi recente posto que esta vez é só a terceira que se fai de xeito oficial, aínda que se viña promocionando xa desde o ano 2012.

Na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, onde temos un fondo sobre arte moi relevante, propoñémosvos unha serie de materiais divulgativos por idades para un achegamento moi lixeiro e apetecible a este mundo.

 

 

 

A continuación deixámosche as referencias dos recursos que recomendamos no vídeo:

 

Na Bebeteca…

Mi pequeña antología del arte / Rosie Dickins

Neste libro preséntanse obras de arte de diferentes estilos acompañadas de actividades inspiradas nas técnicas e as ideas de artistas famosos. Atrevédesvos?

Sinatura:  745 DIC mip / z (Bebeteca)

 

 

Na Biblioteca Infantil e Xuvenil…

¡Zoom– en el arte! : otra forma de mirar el arte / Gillian Wolfe

Unha introdución orixinal e accesible ás grandes obras pictóricas, que, ademais, móstranos os camiños da contemplación artística.

Sinatura: 75 PIN / v (Biblioteca Infantil e Xuvenil)

 

Un libro de adultos…

El mundo deslumbrante / Siri Hustvedt

Unha novela que aúna arte e investigación detectivesca. Trata sobre Harriet Burden, una personalidade enigmática da arte neoiorquina dos oitenta, e uhna artista incomprendida, completamente ninguneada pola súa condición de muller. De feito, para denunciar esta situación, puxo en marcha un experimento artístico transgresor: expoñer a súa obra a través de tres novas promesas masculinas. Pero neste arriscado xogo non todo está baixo control, e os egos e as pulsións desatarán uns acontecementos de final impredecible e perturbador.

Sinatura S 820-31 HUS bla (Sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany) (e tamén dispoñible na EbiblioDaCoruna).

 

Un libro de non ficción…

 

El laberinto del arte / Carmen Reviriego

En 2013, a venda dun tríptico de Francis Bacon rompía todos os records do mundo da arte ao venderse por 142,5 millóns de dólares. Esa mesma tarde, unha cría de can laranxa xigante do escultor Jeff Koon’ s, vendíase por 58,4 millóns converténdolle no artista vivo coa obra máis cara xamais poxada. Evidentemente, con esta venda alguén fíxose inmensamente (máis) rico nunhas horas. Con todo, poucos minutos despois, anunciaba que a totalidade do diñeiro da venda iría parar á súa Fundación para o estudo da arte.

Que hai detrás de cifras que no mundo da arte parecen romper coas regras da lóxica? Por que o fan? Por paixón? Por diñeiro? Que valor máis aló do material ten realmente un Van Gogh? Que pensa o coleccionista que adquire a obra? Como distinguir un artista de moda doutro perdurable? Ou Que hai detrás dalgunhas das poxas históricas contadas en primeira persoa? Todas estas respostas da man dos seus protagonistas, co propósito de dar respostas e achegar o mundo da arte a persoas inquietas e curiosas.

Sinatura: 3R/726 (e tamén dispoñible na EbiblioDacoruna)

 

 

Un libro da EbiblioDaCoruna…

 

Emocionarte / Carlos del Amor

Cun estilo literario e profundamente divulgativo, sedutor e persoal, Carlos del Amor ofrécenos unha viaxe por trinta e cinco obras de todos os tempos, con especial atención á pintura feminina e á española. Unha viaxe a través de texturas, cores, claroscuros, historias, miradas, vidas, abrazos, bicos…, que nos descobre un caleidoscopio onde se aúnan verdade e ficción, historia da arte, imaxinación e emoción.

Na EbiblioDaCoruna.

 

 

Para máis información e recursos sobre a arte, podes acceder ao catálogo de recursos físicos aquí ou aos recursos dixitais da EbiblioDaCoruna aquí.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *