As rulas de Bakunin de Antón Riveiro: novo libro de lectura no EbibliodaCorunaClub

Publicado el

A seguinte lectura do EbibliodaCorunaClub para este 2021 é a obra   « As rulas de Bakunin» de Antón Riveiro Coello, na Club  «Arredor dos Libros»

Sinopse: «Guerra Civil e anarquismo nunha novela histórica magnificamente narrada e con 4 edicións vendidas. Unha novela que como di o seu autor «me permitiu vivir outras vidas».

As rulas de Bakunin nace do gromo da sensibilidade dos derrotados e os perdedores. Antón Riveiro Coello, un dos escritores galegos actuais de meirande pulo narrativo, fai con esta novela un acto restitutorio e tamén de rebeldía. Recuperar a memoria dos heroes silenciosos que loitaron pola liberdade: velaquí a vida de Camilio Sabio Doldán, un vello anarquista case centenario que viviu a guerra, o cárcere e o exilio. O temor intenso das paisaxes do pasado nunha novela que conmove e impresiona. «.

Desde o propio club de lectura dixital  podes tomar en préstamo o libro  e comentar, citar, chatear co resto de participantes… guiado por unha profesional con moitos anos de experiencia.

Se es usuario/a da EbibliodaCoruna, identifícate AQUÍ co teu usuario e contrasinal (se non, date de alta AQUÍ).

Accede libremente desde calquera lugar a calquera hora.

Máis información sobre o funcionamento do club AQUÍ.

One thought on “As rulas de Bakunin de Antón Riveiro: novo libro de lectura no EbibliodaCorunaClub

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *