Actividades na Semana do Libro

Publicado el

 Actividades na Semana do Libro

  • Obradoiro «Día Mundial do Libro».

Ilustraremos unha tarxeta de Gloria Fuertes. Obradoiro aberto para todos ós públicos no vestíbulo. Venres 21 abril entre ás 18:00 e ás 20:00 h.

 

  • Visita guiada ós fondos da biblioteca con visita guiada.

Visita guiada para coñecer os fondos e servizos da biblioteca. Anotarse en información, no correo biblioteca.info@dacoruna.gal ou no 981080176.

Venres 21 abril ás 12:30 ou ás 19:00 h.

 

  • A Biblioteca sae á rúa.

Biblioteca móbil para dar a coñecer os fondos e servizos da biblioteca.

Venres 21 abril entre ás 12:30 e ás 18:00 h

 

  • Solta de libros : Bookcrossing.

Liberaremos libros na nosa zona oficial.

Venres 21 abril

 

  • Exposición “Eduardo Pondal (1835-1917) : o poeta e o seu tempo”.

No vestíbulo da Biblioteca poderás achegarte á obra e legado desta figura tan senlleira para a historia da cultura galega, no  centenario do seu pasamento.

 

  • VI Edición do Concurso «Palabras de amor» #140denpositivo.

Do 3 abril ao 10 de maio participa no noso concurso cunha mensaxe motivadora, de alegría e ánimo, e sácanos un sorriso!

De entre todos os traballos presentados elixiranse 4 premiados, (2 por categoría; máis de 14 anos categoría 1 e menos de 14 anos categoría 2).

 

  • Participación na Feira do Libro de Ferrol.

Ler, crear e compartir: obradoiro de emocións.  Actividade de animación á lectura aberto para nen@s de 3 a 8 anos e difusión dos servizos da biblioteca na Feira do Libro de Ferrol.

Sábado 22 de Abril ás 18:00 h. (1ª Sesión) e ás 19:15 h. (2ª Sesión).

Se queres consultar o programa completo, preme aquí

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *