8 de marzo

Publicado el

¿Sabías que…?

  • As mulleres perciben un 23% menos que os homes a nivel mundial.
  • Ocupan apenas o 24% dos escanos parlamentarios.
  • 1 de cada 3 mulleres sufreu violencia física ou sexual e 200 millones de nenas-mulleres sufriron mutilación xenital.

(Datos da web das Nacións Unidas)

Os Días Internacionais declarados polas Nacións Unidas dan a oportunidade de sensibilizar ao público en xeral sobre temas de grande interese, tales coma os dereitos humanos, o desenvolvemento sostible ou a saúde. Ao mesmo tempo, pretenden chamar a atención dos medios de comunicación e os Gobernos para dar a coñecer problemas sen resolver que precisan da posta en marcha de medidas políticas concretas.

Por iso, o Día Internacional da Muller é un bo momento para reflexionar sobre os avances alcanzados, para solicitar máis cambios pero tamén para gabar a valentía e a determinación das mulleres de a pé que xogaron e xogan un papel crucial na historia dos seus países ou comunidades.

O mundo logrou a estas alturas avances impensables: fai 50 anos chegamos á Lúa, na última década descubríronse novos ancestros humanos e fotografamos un burato negro por primeira vez… E, sen embargo, ningún país alcanzou aínda a igualdade de xénero.

O cambio non se trata só de grandes titulares, victorias legais e acordos internacionais: o xeito no que camiñamos, pensamos e actuamos todos os días pode xerar un efecto dominó que beneficie a todas as persoas. Fagamos que 2020 sexa un ano decisivo para as mulleres e nenas de todo o mundo. Na web das Nacións Unidas atoparás 12 accións que podes desenvolver diariamente para mellorar no camiño á igualdade: Nacións Unidas. Fagamos que 2020 sexa un ano decisivo para as mulleres e nenas en todo o mundo!

Desde a Biblioteca queremos contribuir a concienciar neste aspecto, difundindo materiais a prol da igualdade de xéneros.

FONOTECA

Un ano máis na Fonoteca tedes á vosa disposición un recuncho temático de cinema,  música e libros dedicado ás mulleres.

A nosa pequena homenaxe no #8M por facernos sufrir, chorar, gozar, descubrir e rir coas suas cancións, escritos, fazañas e sobre todo vivir.

EBIBLIODACORUNA

Atoparás novelas e libros de non ficción para reflexionar sobre o papel das mulleres na sociedade actual, as reaccións aos movementos feministas, a importancia do uso da linguaxe inclusiva…

PRÉSTAMO DE ADULTOS

Preparamos unha selección de materiais de mulleres galegas relevantes ás que consideramos que é preciso dar a coñecer, ou aínda que sexan coñecidas, darlles maior protagonismo. Escritoras, poetas, tradutoras… pero tamén científicas, xornalistas, deportistas… Animámoste a levar pestado un libro sobre algunha que aínda non coñeceras.

INFORMACIÓN

Un ano máis dedicamos o mes enteiro de marzo a dar protagonismo ás mulleres na campaña dixital «Marzo en Feminino». Fai dous anos demos protagonismo a unha muller de cada concello da nosa provincia. O ano pasado demos publicidade cada día a unha muller escritora da provincia que tivese libros dixitais publicados. E este ano destacamos cada día do mes a unha muller galega de calquera ámbito (científica, cantante, deportista, enfermeira…) que marcaron un fito na nosa cultura, na ciencia ou no seu ámbito profesional ou afeccionado.

Podes seguir esta campaña a través da nosa web, xa que cada día publicamos a información sobre unha delas, ou tamén nas redes sociais co lema #marzoenfeminino

BBTK INFANTIL

A educación desde a infancia é o máis importante para un cambio social. É fundamental que os valores en igualdade se inculquen dende a nenez. ¿Sabías que, segundo datos de Iria Marañón, as nenas a partires dos 6 anos síntense menos intelixentes que os nenos? ¿E que os rapaces subestiman as capacidades das súas compañeiras na universidade? Na BBTK Infantil atoparás unha coidada selección de libros para loitar contra a fenda entre os xéneros para a cativada.

Ademáis, como servizo da Deputación da Coruña, difundimos a campaña institucional co lema «É por ser muller». Atoparás materiais na sección de Préstamo e Información e máis información nas redes e na web.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *