8 de marzo: Mulleres e literatura

Publicado el

O día 8 de marzo conmemórase o Día da Muller, institucionalizado polas Nacións Unidas aínda que xa se realizaban actos reinvindicativos desde antes da súa «formalización» por este ente. Como nos lembra a propia ONU, xa van 50 anos desde que chegamos á Lúa; e na última década descubríronse novos ancestros humanos e fotografouse un burato negro por primeira vez. En contraposición a estes avances técnicos e científicos, chama a atención que aínda seguen a existir restriccións legais que impiden a 2.700 millóns de mulleres acceder ás mesmas opcións laborais que os homes.

 

Como ben reza a campaña deste ano de Igualdade da Deputación da Coruña, debemos seguir conmemorando o 8M porque aínda queda moito por cambiar.

E como somos conscientes de que desde o ámbito da cultura e da literatura inflúese desde ben cedo na formación das futuras xeracións, como todos os anos preparamos unha serie de accións enfocados a diferentes públicos e franxas de idade que resumimos a continuación:

 

Mostra bibliográfica: Poemas en feminino

Nesta ocasión, para conmemorar o Día Internacional da Muller (8 de marzo), unímolo ao Día Mundial da Poesía (21 de marzo), polo que realizamos unha mostra bibliográfica centrándonos na poesía escrita por mulleres, en concreto, na poesía escrita por mulleres galegas e preferentemente da nosa provincia, aínda que tamén forman parte de la mulleres do resto do territorio galego.

A mostra é de visita libre no vestíbulo da Biblioteca Provincial en horario de apertura. Podes ver e descargar a guía de lectura premendo aquí:

Mostra bibliográfica Poemas en feminino. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

 

BDRecomenda

Todas as semanas seleccionamos materiais con unha temática de actualidade axeitadas a cada grupo de idade. Esta semana, o noso BDRecomenda selecciona recursos da Biblioteca sobre empoderamento feminino ou concienciación na igualdade.

 

«Circe ou o pracer do azul» no Club de lectura dixital

O 18 de marzo comezaremos a lectura desta obra de Begoña Caamaño, que reconstrúe os mitos clásicos pero desde a persectiva das mulleres obxecto, trofeo ou regalo. Unha novela na que Circe e Penélope entablan unha relación epistolar a raíz de Ulises, e que leva a repensar o mito.

Podes participar no club de lectura coas túas claves da EbiblioDaCoruna premendo aquí: Club de lectura EbiblioDaCoruna

 

Selección de recursos dixitais da EbiblioDaCoruna

Na EbiblioDaCoruna, a biblioteca dixital accesible para calquera persoa que sexa socia de calquera biblioteca municipal da provincia da Coruña, elaboramos unha selección de recursos relacionados co Día da muller, onde poderás atopar ensaio, novela, obras fundacionais do movemento feminista, libros para educar en igualdade, etc.

Accede a eles premendo aquí: Carrusel Marzo en feminino. Este é un exemplo do que podes atopar:

 

 

Marzo en feminino (redes sociais)

Do 8 ao 31 de marzo leremos e publicaremos nas nosas redes sociais (Twitter, Facebook e Instagram) un poema ao día para difundir a obra de poetas galegas.

 

Actividade de plastilina sobre Ramona Órbita

Coñeces a Ramona Órbita? Pois é unha súper muller labrega da Serra do Courel, xefa na horta e boa coa tecnoloxía, ecoloxista e inventora, posuidora dunha horta cibernética de patacas automáticas, e dona dunha incrible máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, máis ecolóxico e con enerxías limpas.

Pois sobre este libro de Pakolas (Paco Cerdeira) realizaremos unha creación en plastilina para a infancia. Anímaste a facela? O luns 8 publicaremos o material necesario, e o venres 12 o paso a paso da actividade. Animádevos a enviarnos a foto de como vos quedou!

 

Selección de libros da Biblioteca xuvenil

Na Sala xuvenil poderás atopar recomendacións de libros para a mocidade orientados para que a xuventude medra en igualdade e destacar as iguais capacidades de mozas e mozos. Podes ver a selección neste vídeo:

 

 

Directo de Instagram desde a Biblioteca

O vindeiro luns ás 13:00 h faremos un directo a través do Instagram da Biblioteca @bibliodicoruna para difundir varias das accións relacionadas co 8M: a mostra bibliográfica, o obra que leremos no club de lectura, os libros recomendados da sala xuvenil… etc. Séguenos e conéctate!

 

Selección de libros para maiores de 18 anos

Aquí atoparás unha pequena selección de novelas e ensaios que teñen ás mulleres como protagonistas, e que axudan á concienciación sobre a igualdade. Seguro que atopas algún do teu gusto:

O orballo da igualdade: asociacionismo feminino progresista na cidade da Coruña: GAL/12014

As mulleres coruñesas loitaron desde distintas frontes para ir acurtando as distancias que as separaban dos homes nos ámbitos laborais, salariais e políticos ao longo do primeiro terzo do século XX. Ao longo das páxinas deste libro poden atoparse numerosos exemplos desta loita, case silenciosa unhas veces, pero tamén sonora e combativa outras, e que permiten complementar e matizar as visións máis panorámicas, elaboradas por outros historiadores.

 

22 documentos do feminismo galego: GAL/15513

Os 22 documentos reproducidos –panfletos e manifestos do movemento feminista galego entre 1975 e 2003– atesouran ademais que os dereitos non caen do ceo e que a súa progresiva inclusión na legalidade requiriu do esforzo e mobilización de moitas persoas, a miúdo en condicións adversas, sempre den-de un impulso inicial minoritario que abre paso a unha posterior e máis lenta transformación sociocultural nunca irreversible. Trátase dun tipo de documentos difíciles de atopar ou reler pero de indubidable interese para reconstruír inquedanzas, obxectivos e argumentacións das súas autoras e mesmo percibir aspectos substanciais das diversas circunstancias nas que se redactaron.

 

Chámame señora, pero trátame coma a un señor : memoria persoal do machismo na cultura: GAL/11429

Nunca crin nesas mulleres de máis de corenta que se comportan coma se acabasen de saír dunha película de Disney. Non soporto as que fan coma quen que non saben de que vai a vida, e as que se sorprenden con todo. Non aturo as que se fan as parvas cando é evidente que as engurrar na pel e as canas no pelo delatan que xa non están na idade da inocencia. Tampouco creo a esas que pretenden xustificar os seus fracasos ou desilusións valéndose da inxenuidade. Hai actitudes que, a unha certa idade, beirean o ridículo. Especialmente, nunca crin que, aos meus anos, as escritoras poidamos comportarnos coma se aínda puidésemos ser princesas. No fin de contas, diso se trata cando unha pretende algo máis ca escribir poemiñas para conquistar corazóns.

Feminicidio : unha nova orde patriarcal en tempos de submisión / Carme Adán: GAL/12174

Tempos de submisión, seica. Ou non. Tempos en que o silencio xa non pode ser cómplice, senón de toma de conciencia. E o ser humano toma conciencia do que pasa a través das palabras, por iso as verbas son tan importantes, e por iso cómpre atopar as verbas precisas para nomear a realidade e explicala. E por iso é importante falar de feminicidio. Por que non? Porque é un feminicidio o que está acontecendo.

 

Feminismos / Olga Castro, María Reimóndez: GAL/6542

É unha guía de viaxe a través da cartografía dos feminismos que responde á rica biodiversidade real dos feminismos no mundo e tamén en Galicia. Con vontade divulgativa, este libro dá conta do movemento social que máis cambiou as estruturas sociais para mellorar a vida das persoas, producindo a teoría e a práctica máis plural e transformadora.

 

El Fruto prohibido / Liv Strömquist: 3X/1003

Una novela gráfica que toda madre debería regalar a su hija, ¡y toda hija a su pareja! El cómic feminista sobre la historia cultural de la vulva (dejaos de vaginas) que está cambiando el mundo.

 

El aliado / Iván Repila: 3A/3085

Al conocer a una importante activista del movimiento feminista, el protagonista de esta novela, un hombre contemporáneo que se considera igualitario, se da cuenta de que el mundo aún no está donde debería en cuestiones de igualdad. Convencido de que toda conquista social ha requerido una revolución violenta para llegar a ser efectiva, decide emprender una campaña anónima de machismo extremo para provocar un cambio radical.

 

La edad dorada / Sara Donati: 3A/4084

1883. En la ciudad de Nueva York son tiempos de un esplendor vertiginoso pero a la vez de una pobreza extrema y de cambios. El puente de Brooklyn está casi terminado y la ciudad se encuentra bajo el control de Anthony Comstock, quien lidera una brutal cruzada contra el vicio. Anna Savard y su prima Sophie, ambas graduadas por la Escuela de Medicina para mujeres, atienden a los ciudadanos más vulnerables, aun cuando haciendo esto les podría suponer poner en riesgo todo aquello por lo que han luchado.

 

La madre de todas las preguntas / Rebeca Solnit: 3M/2208

Solnit nos ofrece un nuevo e indispensable repertorio de ensayos que analizan diferentes cuestiones como por qué la historia del silencio está indisolublemente ligada a la historia de la mujer, o por qué los niños de cinco años prefieren prescindir de los juguetes rosas. También escribe sobre hombres que son feministas y hombres que son violadores, rehuyendo cualquier tipo de pensamiento estereotipado. En esta nueva colección de textos, Solnit continúa su exploración de las relaciones de género actuales con su habitual astucia y humor.

 

 

Animámosvos a seguir tamén as accións que promove Igualdade da Deputación da Coruña. Preme na imaxe:

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *