2 de abril- Día do Libro Infantil e Xuvenil. Especial #quedanacasa

Publicado el

Con motivo do Día do Libro Infantil e Xuvenil,  e neste momento tan excepcional que non podemos recibirvos na Biblioteca como nos gustaríaa; témosvos preparadas algunhas sorpresas para que dende os vosos fogares podamos seguir celebrando este día con moitas lecturas para todos. #quedanacasa e le,  e crea, e comparte con nós este día tan especial para os libros e a lectura.

 

  1. Para os máis pequenos teremos un contacontos, porque, que mellor maneira de celebrar un día tan especial que lendo…

Título: ¡Sígueme! : unha historia de amor que non ten nada de raro

Autor: José Campanari

Editorial: OQO Dispoñible para o préstamo en: https://ebibliodacoruna.odilotk.es/opac?id=00049475

Video co audioconto narrado por Silvia Conde:

 

 

2. Taller de plastilina con Ana Tenreiro, #pitiñoquedanacasa

Especial #quedanacasa Covid19

Ana Tenreiro compártenos este » paso a paso» para crear en #plastilina este pitiño lector neste 2 de Abril, o Día la Literatura Infantil e Xuvenil.

E ti, anímaste a crear un e compartilo con nós?

 

 

 

3.  Aos mozos, propoñémosvos que nos botedes unha man para facerlles unha homenaxe aos libros.

Como? Moi doado. Enviarnos a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal unha foto cun libro…con ese libro que vos encantou que volveriades ler unha e mil veces, ese libro co que xurdiu o amor, o que vos recomendou o voso mellor amigo, ese que lían os vosos pais, o libro que vos marcou a infancia,… con todos eles, cando volvamos á Biblioteca, faremos unha gran montaña de libros que nos levará a escalar e alcanzar todos os nosos soños.

 

4. Carrusel da Ebibliodacoruna sobre as nosas recomendacións lectoras para Infantil e Xuvenil

Como a biblioteca está pechada elaboramos unha Guía de lectura infantil con recomendacións lectoras de libros que podedes prestar dende a EbiblioDaCoruna e dous carruseis con materiais seleccionados  para que disfrutedes de este día lendo!

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *