Vinte anos sen Torrente Ballester

Publicado el

 

“…Me maravilló el autor de La saga Fuga de J.B. , de Fragmentos de Apocalipsis, de Dafne y ensueños, entre tantas otras novelas. Y me admiró de sobremanera el articulista periodístico, cuya obra he recopilado y estudiado con gran satisfacción, porque en esos artículos descubrí a un Torrente tolerante, culto, comprometido, lúcido, en una época en que estas virtudes no abundan precisamente entre los articulistas de la prensa diaria.

«La muerte es un árbol que florece solo una vez», dejó escrito Paul Celán. Después, el silencio. Sin embargo, en el caso de un escritor, ese silencio está lleno de sonoridad gracias a sus libros. El gran testamento del escritor es su obra, y es en sus libros donde encontramos todas las respuestas. Torrente está en sus libros, abundante y generoso, como siempre fue. Quede pues constancia de que mi cariño por el hombre y mi admiración por el escritor siguen intactos diez años después….”

Discurso de César Antonio Molina xunto á tumba de don Gonzalo Torrente Ballester en Serantes, con motivo do 10º aniversario da súa morte (fragmento)

Torrente Ballester con César Antonio Molina, Carmen Martín Gaite, José Saramago e Enrique Vila-Matas.

Gonzalo Torrente Ballester naceu en Serantes (Ferrol), en 1910. A miopía non lle permitiu facer carreira militar na Mariña, oficio do seu pai, pero si ser un lector voraz xa desde a súa mocidade. Iniciaríase no mundo da escritura da man do xornalismo, pero pronto se pasou á novela, aínda que tampouco foi indiferente a outros xéneros literarios como o teatro, o ensaio e a crítica.

 

 

 

 

 

 

 

Orixinais de César Antonio Molina sobre Torrente Ballester

 

A súa influencia no mundo literario e cultural non tardou en deixarse ver: moitas das súas obras foron levadas ao cinema e á televisión, como Surcos, Os gozos e as sombras ou O rei pasmado. Foi nomeado Doutor Honoris Causa polas Universidades da Habana, Salamanca, Santiago de Compostela e Dijon, Caballero de Honra das Artes e as Letras da República Francesa  e convidado a ensinar na State University of New York. Foi nomeado fillo adoptivo de Santiago de Compostela, Pontevedra, Nigrán e Fene, entre outras moitas outras distincións. Ao final da súa vida logrou atesourar o tres principais galardóns das letras españolas: o Premio Cervantes, o Premio Príncipe de Asturias e o Premio Nacional de Narrativa.

Gonzalo Torres Ballester e Jorge Luis Borges

O interese de César Antonio Molina pola escritura de Gonzalo Torrente Ballester foi crecendo desde a súa mocidade, levándolle a estudar a súa obra xornalística e literaria, interese que aos poucos iría cimentando a base dunha sólida e profunda amizade entre ambos os autores. César Antonio Molina afanouse sempre en situar a obra do escritor ferrolán entre as máis importantes do século XX e facernos lembrar que é así: fixo críticas literarias de boa parte das súas obras, compila todos os artigos publicados na súa columna Torre del aire nun libro do mesmo nome, e recupera textos inéditos en Recuerdos y lecturas de James Joyce, organiza e é comisario de exposicións ao redor da súa persoa e a súa obra, participa nas presentacións dos seus libros, é patrón da Fundación Gonzalo Torrente Ballester e durante os seus anos á fronte do Instituto Cervantes nomeará  a biblioteca do centro de Lisboa na súa honra.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A documentación que se conseva na biblioteca e arquivo de César Antonio Molina e Mercedes Monmany dentro da Biblioteca Provincial ao redor da figura de Gonzalo Torrente Ballester é rica e copiosa e está dispoñible para a súa consulta no segundo andar.

Nota e Mª Fernanda Sánchez-Guisande Caamaño, viúva de Torrente Ballester, a César Antonio Molina

 

Fotografía da portada: Estatua de Gonzalo Torrente Ballester no Café Novelty de Salamanca, epicentro cultural da cidade e café ao que era asiduo ao igual que Miguel de Unamuno, Francisco Umbral, Carmen Martín Gaite ou Víctor García de la Concha.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *