Viaxar e soñar

Publicado el

Xa está aquí o verán, chega o tempo de descansar, relaxarse, viaxar… E desde a Biblioteca propoñémosche varios plans acordes a calquera peto. Se tes un amplo presuposto, atoparás guías de viaxe ao Tíbet, Laos, Vietnam, Filipinas, Países escandinavos…

Se non tes pensado ir tan lonxe, temos varias guías inspiradoras para percorrer España ou atopar algún destino do noso país que aínda non tiveches ocasión de visitar.

Para fins de semana máis modestos ou excursións dun día, aconsellámosche os mellores lugares de Galicia.

E se non podes moverte da casa, non te preocupes, porque coa literatura de viaxes que seleccionamos para ti poderás vivir outros mundos a través das personaxes das novelas recomendadas. Visita a EbiblioDaCoruna para desfrutar da selección.

E para viaxeiros empedernidos, todo o ano dispoñibles tamén revistas da nosa Hemeroteca, tanto en papel como en dixital.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *