VI CONCURSO PALABRAS DE AMOR “#140ENPOSITIVO”

Publicado el

BASES DO VI CONCURSO PALABRAS DE AMOR “#140ENPOSITIVO”


A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña convoca  a sexta edición do concurso “Palabras de amor: #140enpositivo”. Dito concurso ten por obxetivo descubrir o talento literario, despertar a imaxinación dos lectores,  animar a compartir as súas creacións,  animar á lectura e dinamizar a Biblioteca.

  1. Este ano a nosa máxima é o pensamento positivo, así que terás que crear unha mensaxe motivadora, de ánimo entusiasmo, alegría ou apoio.
  1. As mensaxes terán unha extensión máxima de 140 caracteres, os espazos non contan.
  1. Poden ser escritas en ordenador ou manuscritas
  1. As mensaxes poden ser escritas en galego ou castelán.
  1. Cada participante poderá entregar / enviar  como máximo 3 mensaxes ou composicións.
  1. As mensaxes deben ser inéditas, no caso contrario non poderían optar a formar parte dos posibles candidatos ós premios.
  1. Os traballos poden presentarse do seguinte xeito:
  • Enviando un correo electrónico(biblioteca.info@dacoruna.gal) co asunto #140enpositivo, e especificando a mensaxe e os datos persoais do autor (nome, apelidos e número de teléfono).
  • A través do noso Facebook, facebook.com/bibliodicoruna/  deixando un comentario na entrada do concurso.
  • No Twitter ( @bibliodacoruna) , utilizando o hashtag #140enpositivo.
  • No Instagram(@bibliodicoruna), utilizando o hashtag #140enpositivo.
  • Na Biblioteca, deixando a túa mensaxe no Servicio de Información da Biblioteca.
  • Deixando a túa mensaxe comentado na entrada do blog na que se refire o concurso.
  1. Os premios sepáranse en dúas categorías:

–         Categoría 1: Máis de 14 anos: no que se seleccionarán dous premiados

–         Categoría 2: Menores de 14 anos: no que seleccionarán dous premiados

De entre todos os traballos presentados, seleccionaremos por tanto, 4 gañadores ou gañadoras

  1. O premios consisten en

    -dúas tablets para os primeiros premios de cada categoría

    – un lote de libros, música e películas para  os segundos premios de cada categoría.

    – Haberá un agasallo da Biblioteca Provincial para todos os que participedes.

  1. O prazo no que se pode participar no concurso é dende o 3 de abril ás 8:30 ata o 10 de maio ás 20:30 h
  1. As persoas gañadoras serán notificadas por correo electrónico, teléfono, mail ou a través da rede social pola que participen.
  1. A entrega de premios realizarase na Biblioteca da Deputación  da Coruña, coincidindo cos actos de celebración das Letras Galegas 2016
  1. Os traballos que se presenten expoñeranse na Biblioteca  e difundiranse nas redes sociais propias.
  1. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases, así como a aceptación da decisión do xurado, decisión que será inapelable
  1. As bases quedarán expostas no taboleiro de anuncios da Biblioteca, na páxina web e nas redes sociais da Biblioteca. Utilizaranse as redes e cartelería para a súa difusión.


Esperamos a vosa activa participación!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *