Vértice de versos: proxección de documental e recital poético

Publicado el

Segundo a propia presentación do director, Vértice de Versos é unha longametraxe documental na que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia. É un proxecto audiovisual que presta atención ao valor didáctico que permite coñecer a principal fonte literaria galega. É a primeira vez que un documental se adentra na poesía galega, descubrindo a súa historia, contando a revolución literaria dos 90 e coñecendo como están sendo as novas formas de expresión poética.

A Biblioteca da Deputación organiza o martes 26 de marzo ás 17:00 h na Biblioteca a proxección deste documental de Carlos Lorenzo, no que poetas de Galicia nos adentran na lírica do novo milenio.

A continuación, teremos un coloquio e un recital a cargo de Yolanda Castaño e Emma Pedreira.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *