Unha viaxe no tempo por Pontedeume de Juan Coira gañador do #HoxeEscriboEn

Publicado el

 

«Este é o meu lugar favorito no mundo, desde que era unha nena da túa idade. E agora máis, desde que podemos acceder á terraza» – falaba Mencía co seu fillo Eume, desde o alto do castelo dos Andrade, en Nogueirosa.

 

Así comenza «Unha viaxe no tempo por Pontedeume», de Juan Coira Pociña,  o título do relato gañador do premio «Hoxe escribo en»,  #HoxeEscriboEn convocado pola área de Turismo e a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. Á convocatoria presentáronse máis de corenta obras compostas por un texto literario e fotos. 

Juan Coira Pociña, é o gañador do concurso «Hoxe escribo en»  #HoxeEscriboEn cun relato que se impuxo na votación do xurado composto por persoal técnico da Biblioteca e da área de Turismo, presidido polo vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira.

O relato arrinca do alto do castelo dos Andrade cunha conversa entre unha muller chamada Mencía e o seu fillo Eume a partir da que se constrúe unha historia que visita non só os principais monumentos e puntos de interese de Pontedeume a través da súa historia.

O autor  recibirá como premio unha estadía no parador de Muxía para dúas persoas. O obxectivo da convocatoria era premiar a creatividade e promocionar os recursos turísticos dos concellos da Coruña. Para participar era preciso redactar un relato e xuntar ata  tres fotos ambientadas ou referidas ao concello no que viven que pode estar relacionado coa historia local, cunha lenda, cunha tradición, cun persoeiro destacado ou mesmo cos recursos naturais, culturais ou medioambientais do territorio que convide a animar a visitalo.

Agradecemos a todos os participantes a creatividade e talento e a frescura coa que nos amosaron  eses lugares da provincia da Coruña dende outra mirada. Todos o participantes terán un agasallo polo esforzo En breve poderedes ler todos os traballos participantes nun documento único que estamos maquetando, hoxe compartimos o traballo gañador.

Ler o relato: Viaxe no tempo por Pontedeume_orixinal

 

Ermida de San Miguel de Breamo, co rosetón na fachada occidental.

 

«Torreón» dos Andrade, no casco histórico de Pontedeume

 

Vista dende o alto do castelo dos Andrade, en Nogueirosa

One thought on “Unha viaxe no tempo por Pontedeume de Juan Coira gañador do #HoxeEscriboEn

  1. A miña máis sincera noraboa a Juan Coira polo seu premio, e por extensión a todolos participantes polo seu esforzo. Espero impaciente a publicación dos relatos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *