Real ou imaxinario? Unha de animais no ABRACADABRA N. 42

Publicado el

Así comeza o noso último número do ABRACADABRA….

Ola!!!! Estaba a esperarvos!!!! É que pensei unha cousa… Ben, primeiro vouvos poñer un pouco en
antecedentes para que non creades que perdín un parafuso ou algo así. Estes días, estamos a dar o espazo en
clase, e saíu a relucir o tema das viaxes espaciais, e con elas, o do primeiro ser vivo en viaxar ao espazo: a
cadeliña ” Laika”, que viaxou a bordo da nave Sputnik 2, o 3 de novembro de 1957.

E entón, viñéronme á mente unha chea de animais que pasaron á historia. Algúns reais… e outros imaxinarios, pero tan ben
descritos que ás veces parecen cruzar a liña que divide a imaxinación da realidade. E é aquí, neste preciso
punto, no que se me ocorreu rescatar o xogo de “Real ou imaxinario?, pero mellorado na versión 2: “Unha de
animais”. Así que, sen máis preámbulos, preparádevos para adiviñar se os seguintes animais son reais ou non:
Acordádesvos do conto do pequeno hipopótamo que foi adoptado por unha tartaruga: “Unha mamá para
Owen”? Pois este é o primeiro. O hipopótamo Owen… REAL ou IMAXINARIO?… (redobre de tambor…) Si.
Owen é real, ademais de ser o protagonista deste conto, que narra a súa historia. Tras un tsunami en Quenia,
Owen, que tiña menos dun ano, perdeu a súa mamá. El foi rescatado e levado a unha reserva natural nos
arredores de Mombasa. Os hipopótamos viven coas súas nais ata os 4 anos, e Owen, ao chegar á reserva,
escolleu a Mzee, unha tartaruga macho de 130 anos, para ser a súa mamá. Punto para todos os acertantes!!!
Agora tócalle a quenda a Balto, o can esquimó. Acordádesvos de Balto, non? Cantas aventuras vivimos con el.
Pois ben, aí vai a pregunta que estades a esperar. Balto é… REAL ou IMAXINARIO?… (redobre de tambor…).
Encántanme os redobres de tambor!! Pois si, Balto é real e pasou á historia porque grazas a el conseguiron
levar a tempo, as vacinas que salvaron á poboación de Nome (un pobo de Alasca) dunha epidemia de difteria
(unha enfermidade mortal e moi contaxiosa que afecta sobre todo á infancia). Así que Balto, non só é real,
senón que se converteu en todo un heroe. Así que punto para todos os que acertastes!!!!

Como ides? Seguimos? Pois este vai para todos os fans de Harry Potter. Hedwig, a curuxa branca de Harry…
REAL ou IMAXINARIA?… (redobre de tambor…) Hedwig é imaxinaria, produto da asombrosa imaxinación de J.
K. Rowling. Quen si é real é Gizmo, un dos mouchos nivais que a interpretou nas pantallas, xunto con Ook e
Sprout. Como dato curioso direivos que o primeiro membro da escolla de persoal en ser seleccionado foi
precisamente o intérprete de Hedwig. Outro punto para os que acertastes!!!
Lamentablemente, todo o bo acábase… E este xogo, polo menos para min, está a acabarse por hoxe, porque
me teño que ir. Pero antes de marchar propóñovos o último… (redobre de tambor…) e a quenda é para
Platero, o pequeno, peludo e suave burriño da obra “Platero y yo” de Juan Ramón Jiménez. E ben?… Platero…
REAL ou IMAXINARIO?… (redobre de tambor…) Pois velaquí un deses animais tan ben descritos que parecen
vivir na liña que divide a imaxinación da realidade. En Andalucía coñécese como “platero” aos asnos de pelo
gris, e a obra, nárranos a historia dun burriño, Platero, feito da suma dos recordos que o poeta tiña de todos
os asnos que tivo de mozo. Se se mira ben, é como un frankensburro… ha, ha, ha.
Agora si que me teño que ir. Pero podedes seguir xogando vós.

Tanto a historia, como a literatura están cheos
de animais sorprendentes que vos encantará coñecer. Non deixedes de facelo.
Vémonos no próximo número!!!!

Podedes ler o número 42 da REVISTA ABRACABRA completo AQUÍ revista abracadabra 42

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *