Co comezo do novo ano 2019, iniciamos un novo reto a través das nosas redes sociais Facebook, Instagram e Twitter, que consistirá en recomendar un material ao día de escollido de entre todos os fondos que compoñen o acervo bibliográfico da Biblioteca. Pode tratarse dunha película, un CD de música, unha novela, unha partitura, un libro dixital, un rollo de pianola, unha revista…
Agardamos que che guste o noso reto de difusión bibliográfica, e animámoste a seguirnos nas nosas redes sociais e descubrir a riqueza, variedade e curiosidade dos materiais que tes á túa disposición na Biblioteca.