Turismo pola Coruña

Publicado el

Sí, sabemos que non é bo momento para pasar as vacacións lonxe da casa. Que está a ser un verán diferente a todos os que vivimos ata agora. Que mercar billetes para voar ou para o tren sen certeza é arriscar a perder a viaxe. Así que, por que buscar fora? Na nosa provincia temos marabillas agardando a que as coñezamos, recunchos máxicos, sendeiros entre exhuberante vexetación, calas solitarias e tranquilas, monumentos naturais inesquecibles, cidades patrimonio da humanidade, localidades con un núcleo antigo encantador… Sexa para unha fin de semana ou para pasar varios días, recomendámosche varios recursos para coñecer a nosa provincia.

Ademais das guías de viaxe e folletos turísticos (aportados por Turismo da Deputación da Coruña) que che deixamos a continuación, tamén podes coñecela máis a través da literatura. Propoñémosche varias novelas ambientadas na Coruña, en Santiago, en Ferrol… e noutras localidades reais ou ficticias situadas na nosa provincia.

Coma sempre, atoparás máis ideas na Biblioteca e na EbiblioDaCoruna:

 

GUÍAS

 

O patrimonio posto en ruta : parques ao redor do patrimonio da provincia da Coruña

Territorio, paisaxe, patrimonio, historia. Os concellos da Coruña contan cun xeneroso sistema de recursos de interese turístico que queremos ofrecer sumando forzas, ofrecendo unha riqueza compartida por vínculos de unión tecidos ao longo dos séculos. Terra de contrastados matices construídos pola sucesión cultural de xeracións, a paisaxe foise construíndo e debuxando un mapa que, neste século XXI, podemos percorrer a través de parques que artellan o patrimonio natural e histórico.

Dispoñible na EbiblioDaCoruna

 

Provincia de A Coruña : seis destinos mágicos de tierra y mar

Folleto turístico de la sección de Turismo da la Diputación da A Coruña 6 geodestinos para disfrutar de la Provincia.  La intensidad de la costa agreste, la paz de las aguas mansas, el encanto de los bosques mágicos, la belleza de los valles fluviales con ecosistemas únicos, la solemnidad de la cultura castreña, el peso de las leyendas y tradiciones, la rítmica nostalgia de una gaita, el poder de una concha de vieira, la emoción del peregrino, la valentía de un percebeiro… Es imposible encontrar una única palabra para definir la provincia de A Coruña. Son famosas sus playas, su marisco, la Ruta Jacobea o sus fiestas estivales. Pero el viajero también podrá encontrar ríos interminables con puentes de piedra o cascadas que se escuchan desde monasterios perdidos, que contrastan con el estilo cosmopolita y la animada vida nocturna y cultural de sus principales villas y ciudades.

Dispoñible na EbiblioDaCoruna, onde atoparás tamén seis guías máis, unha por cada xeodestino: Ría de Arousa Norte, Ría de Muros e Noia, Costa da Morte, A Coruña e As Mariñas, Ferrolterra, e Terras de Santiago. Xunto con un mapa turístico.

 

Un viaje al centro de la tierra : Cabo Ortegal (proxecto de xeoparque)

Descobre neste folleto turístico da Deputación da Coruña un destino máxico, as razóns do proxecto do xeoparque e como visitar Cabo Ortegal sacándolle o maior proveito.

Dispoñible na EbiblioDaCoruna

 

A Coruña y Rías Altas, por Enrique Posse

Práctica guía para conocer Coruña y sus rías altas, descripciones y recorridos interesantes por los lugares más recomendables de la zona.

Dispoñible na Biblioteca coa signatura 1K/690

 

NOVELAS

 

El ángel perdido, de Javier Sierra

El mejor Javier Sierra nos sumerge en un mundo en el que historia, magia, tecnologías ancestrales y ciencia de vanguardia se aúnan en un thriller tan evocador y documentado como original.

Mientras trabaja en la restauración del Pórtico de la Gloria de Santiago de Compostela, Julia Álvarez recibe una noticia devastadora: su marido ha sido secuestrado en una región montañosa del noreste de Turquía. Sin quererlo, Julia se verá envuelta en una ambiciosa carrera por controlar dos antiguas piedras que, al parecer, permiten el contacto con entidades sobrenaturales y por las que están interesados desde una misteriosa secta oriental hasta el presidente de los Estados Unidos.

Dispoñible na Biblioteca coa signatura 3L/1749

 

Crímenes exquisitos, de Vicente Garrido e Nieves Abarca

El cuerpo de Lidia Naveira, una joven de la alta sociedad coruñesa, aparece flotando en el estanque de Eiris recreando la famosa Ofelia de Millais. ¿Qué relación tiene este crimen con el macabro asesinato acontecido meses antes en la Abadía de Whitby?. La inspectora Valentina Negro, con ayuda del famoso criminólogo Javier Sanjuán, liderará una investigación que la llevará a colaborar con Scotland Yard, en una oscura trama a caballo entre A Coruña y Londres. Lo que nadie puede llegar a sospechar es que en la vertiginosa cuenta atrás para atrapar al asesino, deberán enfrentarse a las obsesiones más inconfesables de la sociedad actual.

Dispoñible na Biblioteca coa signatura GAL/16171 e na EbiblioDaCoruna

 

 

Tres mil noches con Marga, de Pedro Ramos

Marga es una joven bióloga gallega, brillante en su profesión, que trabaja como investigadora en Alaska desde hace seis años. Desde entonces nunca ha vuelto a A Coruña para visitar a su familia, y el vínculo se reduce a las pocas llamadas telefónicas con su madre. Pero en su última conversación recibirá la noticia de la enfermedad de su padre y, a pesar del miedo a enfrentarse a los fantasmas de su pasado, decidirá regresar de inmediato. El rencuentro familiar abrirá inevitablemente heridas mal curadas, y Marga se debatirá entre contar aquello que la hizo alejarse de todos sin dar más explicaciones o mantenerlo en secreto, y seguir viviendo en un extraño equilibro entre el sentimiento de culpa y la responsabilidad de amparar a los suyos.

Dispoñible na Biblioteca coa signatura 3A/2832 e na EbiblioDaCoruna

 

 

A memoria da choiva, de Pedro Feijoo

Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza de ferro chantada no corazón. En realidade, a de Carneiro non é máis que a primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra o reloxo na que Aquiles terá non só que comprender que é o que está pasando, senón cal é o papel que en toda esta historia xoga un dos nomes máis importantes da nosa literatura, aquel sempre rodeado de misterio e escuridade. E, sobre todo, terá que saber quen é Adriano…

Dispoñible na Biblioteca coa signatura GAL/10830 (tamén en castelán GAL/7790) e na EbiblioDaCoruna

 

 

La víspera de casi todo, de Víctor del Árbol

Germinal Ibarra es un policía desencantado al que persiguen los rumores y su propia conciencia. Hace tres años que decidió arrastrar su melancolía hasta una comisaría de La Coruña, donde pidió el traslado después de que la resolución del sonado caso del asesinato de la pequeña Amanda lo convirtiera en el héroe que él nunca quiso ni sintió ser. Pero el refugio y anonimato que Germinal creía haber conseguido queda truncado cuando una noche lo reclama una mujer ingresada en el hospital con contusiones que muestran una gran violencia.

Dispoñible na Biblioteca coa signatura 3S/10370 e na EbiblioDaCoruna

 

 

Trece badaladas, de Suso de Toro

Premio Nacional de Narrativa, 2003. Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha productora de cine e coñecer a súa opinión sobre un guión que lle presentara. Cando finalmente o consegue, averigua que o seu texto nunca lle fora entregado ao productor, quen identificará no argumento daquela historia de sombras unha ameaza que lle resulta moi próxima a súa vida. A investigación dese enigma inquedante unirá aos mozos nun abrazo dramático, nunha historia de dous amantes sen esperanza. Unha obra de intriga, que nos remite a un tempo de misterio, cando a xente cría no sobrenatural: a morte que axexa, o meigo resucitado que desafía ao Apóstolo, a Berenguela que anuncia a hora do demo…

Dispoñible na Biblioteca coa signatura GAL/9995 (tamén na Xuvenil coa signatura N TOR tre / m) e na EbiblioDaCoruna

 

 

Tierra sin hombres, de Inma Chacón

Las hermanas Elisa y Sabela crecen en una pequeña aldea cercana a Ferrol, donde su madre, Rosalía, una leiteira pobre, las cría sin la ayuda de su marido. Mateo, que emigró a América para iniciar un negocio que nunca concluyó, solo le dejó a su hermano Manuel, sordo de nacimiento, que con su bondad temerosa y sencilla la ayuda a sacar a sus hijas adelante. Cuando Rosalía comienza a planear la boda de su hija Elisa con Eloy, el único bachiller del pueblo, no cuenta con que Sabela se ha enamorado de él y que el guapo minero Martín tiene otros planes para Elisa. Tierra sin hombres es una novela de personajes y de intrigas familiares que se enmarca en la Galicia de finales del siglo XIX y principios del XX, en una aldea cargada de supersticiones y de habladurías, lluviosa, pobre; una tierra de viudas de vivos, donde las mujeres ven como sus hombres han de emigrar en busca de una vida mejor, un sueño que a veces se cumple y otras se vuelve contra todos.

Dispoñible na Biblioteca coa signatura GAL/8482 e na EbiblioDaCoruna

 

 

A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz

Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba a era espacial, e tamén unha década que traería grandes cambios. Cincuenta anos despois, Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital, lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela el tiña dez anos e gañara un concurso escolar de redacción cun traballo sobre esa primeira viaxe espacial. A raíz diso, os outros nenos pasan a chamarlle Gagarin, un sobrenome que o acompañará durante toda a súa infancia e adolescencia. Mentres se apaga a vida da nai, Miguel lembra os seus anos mozos, na Coruña da década dos sesenta. Os seus rexentan unha imprenta e unha libraría de barrio, aparentan ser unha familia coma as outras. Mais esconden perigosos segredos que Miguel irá desvelando a medida que se abre á complexidade da vida.

Dispoñible na Biblioteca coa signatura GAL/12760 e na EbiblioDaCoruna

 

 

Memoria de cidades sen luz, de Inma López Silva

Arredor de guerras e exilios, técense as vidas contadas nesta novela. Librepensadoras que aman galeguistas, guerreiros polacos que queren ser Victor Hugo, nenos que converten en Troia a praia do Orzán. A Coruña dos anos trinta, o París aloucado e deprimido dos corenta e dos cincuenta, unha Barcelona de bombardeos e partidas de póquer, Buenos Aires e Nova York son as cidades polas que transita o protagonista deste relato en primeira persoa, desta porción de memoria que non sae nos libros de historia.

Dispoñible na Biblioteca coa signatura GAL/13901 e na EbiblioDaCoruna

 

 

El guardián de las flores, de Rober H.L. Cagiao

Un hombre aparece muerto y su hija ha sido secuestrada, y solo es el principio. La comisaria Paola Gómez se enfrenta a una venganza más allá de lo personal entre flores, libros y leyendas gallegas teñidas de sangre.

Dispoñible na Biblioteca coa signatura GAL/17471

 

 

O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas

O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade.Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.

Dispoñible na Biblioteca coas signaturas GAL/17171 e GAL/15549.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *