Talleres de pintura do Nadal

Publicado el

Chega o Nadal, e con él os talleres de pintura para nenos e nenas a partir de 7 anos impartidos por Luisa Valdés.

Unha semana das dúas a elixir:

Semana 1: días 23, 26 e 27 de decembro

Semana 2: días 30 de decembro, e 2 e 3 de xaneiro

En horario de 11:00 a 13:00 h na Sala Manuel López (semisoto).

 

O prazo de inscrición comeza o luns 16 de decembro.

 

NORMAS DE INSCRICIÓN (Ler con atención)

  • Poden inscribirse socios/as co carné vixente, polo que se debe comprobar días antes na Biblioteca a vixencia do carné.
  • A inscrición será na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades, premendo en Inscrición no taller de pintura. Hai que aportar todos os datos correctamente e elixir a semana correspondente. A páxina web activarase o 16 de decembro ás 10:00 h da mañá.
  • Só se pode enviar unha solicitude por cada neno ou nena, agás irmáns que queiran solicitar a mesma semana.
  • O correcto envío da solicitude non implica a consecución dunha praza. A Biblioteca poñerase en contacto con todos os solicitantes para confirmarlle se obtiveron ou non praza na actividade.

Para calquera dúbida coa inscrición, chamar ao 981 080 171 ou escribir a biblioteca.info@dacoruna.gal.

 

NORMAS DE ASISTENCIA

  • Os cursos son  totalmente gratuítos. Por iso debemos estar concienciados do importantísimo que é o compromiso e a asistencia dos nenos/as á actividade todos os días.
  • Levarase un control de asistencia. As faltas aos obradoiros teranse en conta para a asistencia aos próximos cursos.
  • No caso de faltar o primeiro día da semana, cubrirase a praza coa listaxe de espera. A falta de asistencia implica a perda de praza.
  • Rógase puntualidade.

 

Programa completo da actividade: Programa Xuvenil Nadal 2019. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *