A Biblioteca da Deputación da Coruña pon á túa disposición a plataforma de autopréstamo EbibliodaCoruna, onde podes prestarte e descargar os libros ó teu móbil ou tableta. Todo en tres pasos: accede, préstate, e descarga.
Se queres saber cómo funciona, contámoscho nun taller práctico paso a paso. Acude co teu móbil ou tableta o 24 de novembro a Expocoruña ás 16:30 h. En menos dunha hora sairás cos libros no teu móbil.
Tes libros, revistas, xornais, películas, cursos de formación… As últimas novidades literarias e moitos máis contidos dixitais. Todos os contidos son gratuitos e legais.
¿Qué tes que facer? Precisas ser maior de 14 anos, ter unha conta de correo electrónico e vir cun móbil ou tableta. Ademáis, necesitas inscribirte na actividade: INSCRÍBETE AQUÍ
PROGRAMA COMPLETO E DESCARGABLE DA MOBILE WEEK CORUÑA : programa_mobileweek_ES