Subvencións

A Deputación da Coruña convoca anualmente para os concellos as subvencións do Programa de integración laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dirixido a concellos da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes, integrado no Plan de Emprego Local 2016-2019 (PEL-Concellos).

O obxecto do programa é fomentar o emprego nos concellos mediante a contratación de persoal en situación de exclusión laboral para a prestación dos servizos mínimos municipais, entre os cales se atopan o de biblioteca pública.

Accede aquí ás bases reguladoras da Convocatoria do exercicio 2018 e á resolución definitiva de subvencións concedidas:

Bases reguladoras anualidade 2018

Resolución concesión definitiva 2018

Para máis información, consulta a páxina de subvencións da Deputación premendo aquí