Resultado do sorteo Libros disfrazados

Publicado el

Entre o venres día 1 e o venres 8 de marzo de 2019 no andar de Préstamo e Información da Biblioteca estivo dispoñible a iniciativa de animación á lectura «libros disfrazados», que consistía nunha selección de libros tapados, dos que só se podía ver o xénero ao que pertencía e unha pista sobre o título.

Os usuarios puideron elixir levar en préstamo un libro disfrazado a elección. Todos os participantes que cubriron a papeleta de participación e a deixaron no buzón, entraron nun sorteo dun lote de material promocional da Biblioteca.

O sorteo realizouse o día 11/03/2019 ás 12:00 h na Biblioteca mediante unha plataforma de selección aleatoria de números. O momento no que se efectuou o sorteo foi gravado e está dispoñible na nosa canle de YouTube Bibliodicoruna:

 

Como resultado do sorteo, foi elixido aleatoriamente o número 3, que se corresponde con Francisco Javier Arias, que xa se pasou pola biblioteca para recoller o seu premio.

Noraboa ao gañador e moitas gracias a todas as persoas que participastes na iniciativa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *