Sigamos lendo e… Que non pare o conto!!!

Publicado el

Estamos encantados con todas as creacións que nos ides traendo froito das lecturas estivais que escollestes. Grazas a ti a biblioteca volveuse máis colorida, máis artística e sobre todo máis inspiradora. Agora, nos seus corredores conviven clásicos con obras máis actuais. Libros que namoraron noutros tempos e seguen mantendo esa maxia que seduce tamén ás novas xeracións como Elmer, o inconfundible elefante de cores, Peter Pan, ou Los cinco, con algunha das súas aventuras; e libros que van polo mesmo camiño, como os de Harry Potter ou El Monstruo de colores. Libros que están cargados de valores e que son como unha bandeira para ensinar ao mundo e facer deste un lugar mellor como Super sorda, ou Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes. Libros como Madre sólo hay una y aquí están todas que nos amosan a gran variedade de nais que hai… e que ao final dá igual o tipo de nai que teñas ou sexas, porque todas son marabillosas. Libros cheos de poesía, aínda sen estar narrados en verso como El paraíso de los osos de peluche. Libros disparatados e encantadores á vez como Mortiña ou Voy a comedte que sempre nos fan pasar un bo intre e arríncannos algun que outro sorriso. E máis e máis libros (conseguiremos este verán La montaña de libros más alta del mundo?) que nos inspiran e converten as nosas tardes, mañás e noites de verán en pequenas illas mergulladas na infinidade do universo que, como máquinas do tempo, transpórtannos a outros lugares, a outras épocas, a outros mundos,… a ese lugar tranquilo, pracenteiro e cálido que se atopa no máis recóndito da nosa mente e que nos murmura ao oído que todo é posible…

 

Sigamos lendo e… QUE NON PARE O CONTO!!!!

Categorizado como: Blog

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *