Zona Bookcrossing

Que é o Bookcrossing?

Bookcrossing é un club de libros global que atravesa o tempo e o espazo. É un grupo de lectura que non coñece limites geograficos. Gústanche os libros?

Queres compartir os teus libros favoritos con outras persoas? Nunca pensaches en facer que os teus libros “viaxen”? Intercambiar libros nunca foi mais excitante que con bookcrossing. A nosa meta, simplemente, é converter o mundo enteiro nunha biblioteca. Bookcrossing é un intercambio de libros de proporcións infinitas, o primeiro e unico da súa clase.

Na biblioteca temos unha Zona oficial de BookCrossing España. Nel atoparás Libros Libres, podes levaros para lelos pero lembra entrar na páxina web: www.bookcrossing-spain.com/ introducir o código do libro e indicar que o levas temporalmente. Cando acabes co libro podes volver deixalo en calquer sitio que che apeteza, por suposto tamén onde o colliches, pero gustaríanos que o contases na páxina web.

Ti tamén podes compartir os teus libros co mundo. Rexistra o teu libro en BookCrossing España, podes etiquetarlos cos números de seguimento únicos BCID que asigna a web e soltalos nas nosas zonas Oficiais de Bookcrossing ou onde queiras, para que alguén os atope, os lea e pase de novo a outros.