Préstamo

O servizo de préstamo ofrece ao público, de forma gratuíta, a posibilidade de ler ou consultar, durante un tempo determinado e baixo unhas condicións específicas para cada tipo de material, os documentos prestables da biblioteca.

O servizo de préstamo permite poder gozar da colección fóra das instalacións da biblioteca.

Se o material solicitado non se atopa  na biblioteca, pode solicitar a súa compra a través do formulario.

Requisitos

Para poder facer uso deste servizo é necesario ter o carné da biblioteca,

Ademais do préstamo, a posesión do carné da biblioteca dá acceso:

– Ás  plataformas de préstamo de contidos dixitais Ebook Dicoruna e Odilo TK.

– Á páxina personalizada do catálogo onde cada lector ou lectora pode renovar os seus préstamos, facer reservas…

Para obter o carné, tan só é preciso:

  • Cubrir o formulario de solicitude dispoñible (Formulario_Carné) ou de forma presencial na biblioteca. Subministrar fotocopia do DNI ou pasaporte.
  • Ter conta de correo electrónico.
  • No caso de menores de 14 anos é necesario dar o nome e DNI (ou pasaporte) dunha persoa adulta (pai, nai, titor, titora) responsable do menor.
  • Se a peticionaria é unha entidade, a dirección da institución solicitará a alta da entidade como usuaria e nomeará a unha persoa responsable.

O carné de biblioteca é gratuíto, persoal e intransferible. Unicamente poderá cederse a outra persoa no caso de que o interesado ou a interesada non poida acudir á biblioteca. Previamente deberá cubrir unha Autorización de uso do carné por outra persoa (accesible tamén na propia biblioteca) para que outra persoa poida empregar no seu nome o seu carné e levar materiais en préstamo con el.

Calquera cambio nos datos persoais (traslado de domicilio, información de contacto…) deberá comunicarse á biblioteca para que esta poida modificalos para os efectos de comunicacións.

A tarxeta só se cambiará en caso de deterioro ou perda.

Modalidades de préstamo

A biblioteca ofrece o servizo de préstamo baixo as seguintes modalidades:

Préstamo persoal a domicilio: realízase directa e individualmente a cada persoa usuaria da biblioteca, no mostrador do 1º andar.

Público adulto

O total de préstamos co carné de adult@ é de 10 por persoa. Poden facerse combinacións cos materiais para público adulto e infantil.

Cadro préstamo para público adulto

Público infantil

O total de préstamos co carné infantil é de 7 por persoa.

Cadro préstamo para público infantil-xuvenil e bebeteca

A persoa usuaria pode localizar o título do seu interese no catálogo.

Préstamo interbibliotecario:

O préstamo interbibliotecario é un servizo mediante o cal a biblioteca busca e solicita a outras bibliotecas aqueles documentos que non están entre os seus fondos para proporcionarllos ao usuario que os necesite.  Facilita ao público o acceso a aquelas publicacións que precise para fins de investigación ou estudo pero que non están entre os fondos da Biblioteca. (Solicitude préstamo interbibliotecario)
É necesario dispoñer do carné da biblioteca para facer uso deste, o usuario farase cargo dos gastos que este servizo poida xerar (aprox. 8 € gastos de envío).

A lectura dos documentos solicitados realizarase exclusivamente na Biblioteca e o período de préstamo do orixinal será dun mes, non prorrogable. Non poden solicitarse máis de 2 documentos dunha soa vez. O peticionario do préstamo é o responsable de garantir a conservación e o bo uso dos documentos.

Renovacións

Os materiais prestados pódense renovar

– Por teléfono, chamando ao 981 080 175

– Na propia biblioteca

– Vía web entrando no catálogo previa identificación co teu nome e o número de carné da biblioteca. (Instrucións)

Reservas

No caso de querer levar en préstamo un exemplar que está prestado, pódese facer unha reserva na propia biblioteca ou vía web entrando no catálogo. (Instrucións)

O número máximo de reservas por persoa é de 3 libros, 3 DVD e 3 CD. 

O prazo para recoller as reservas é de 2 días dende que o usuario ou usuaria é avisado. De non recollérense as reservas, estas quedan anuladas.

Sancións

O atraso na devolución do material, prexudica o bo funcionamento do servizo e, en especial, ao resto dos usuarios.

Se entregas o material fóra de prazo serás penalizado segundo a táboa recollida.

Atrasos Penalización
Igual ou superior a 15 días ou tres de prazos inferiores a 15 días 1 mes
Reincidencia no anterior 3 meses
2ª reincidencia 6 meses
Superior a mes e medio 3 meses
Reincidencia no anterior 6 meses
Superior a  3 meses 6 meses ou cancelación definitiva da tarxeta de préstamo

Lembra que en caso de roubo, perda ou deterioración do material prestado, deberás substituír o exemplar por outro idéntico.