Préstamo de lectores de libros electrónicos

Préstamo de lectores de libros electrónicos

A biblioteca conta con  lectores de libros electrónicos para o seu préstamo a domicilio.

Ebook Dicoruna, a plataforma de préstamo de libros electrónicos, proporciona unha oferta de case 1000 títulos (novidades, literatura contemporánea, ciencia, arte, tecnoloxía etc.) entre os que  poderá escoller para fornecer o dispositivo que leve en préstamo.

Para acceder ao servizo de préstamo de lectores de libros electrónicos é preciso ser usuario/a con carné de adulto (excepto carnés temporais e colectivos), da Biblioteca Provincial da Coruña. Para solicitar o lector fai falta cubrir o formulario de solicitude e presentalo xunto co carné da biblioteca e o DNI no mostrador de préstamo.

O préstamo dun destes dispositivos, que almacenan unha selección de obras libres de dereitos de autor, é de 15 días como máximo, renovables por outros 15.  Para iso deberá asinarse unha acta de entrega na que se acepte a normativa de uso. Pódense realizar reservas.

A información ampliada sobre este servizo pode consultarse  en CONDICIÓNS PARA O PRÉSTAMO DE LECTORES DE LIBROS ELECTRÓNICOS.