Información e referencia

Ofrece información sobre a propia biblioteca e apoia a lectores e lectoras na resolución das súas necesidades informativas específicas.

A través deste servizo, a biblioteca atende as seguintes consultas:

– Información xeral: preguntas sobre o funcionamento da propia biblioteca, os seus fondos e servizos, o seu catálogo en liña e consultas bibliográficas sinxelas. Este servizo proporciónase no mostrador do andar baixo, pero aténdese consultas en todos os andares.

– Información bibliográfica e de referencia: preguntas relacionadas coa busca da bibliografía existente sobre un tema determinado ou coa obtención de información puntual de carácter estatístico, lexislativo…

As fontes para a resolución deste tipo de consultas abranguen a colección da propia biblioteca, a doutras bibliotecas (coa posibilidade de solicitar unha obra en préstamo interbibliotecario), internet etc.

Este tipo de información bibliográfica e de referencia ofrécese no mostrador do 1º andar.

As consultas aténdense: