Préstamo a clubes de lectura

Precisas libros para o teu Club de Lectura?

Se a resposta é afirmativa,  isto interésache!

Na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña sabemos o difícil que é contar co número de exemplares necesarios para un Club de Lectura. Por iso che ofrecemos a nosa colección.

Contamos con máis de 30 títulos (entre os que atoparás tanto grandes clásicos, como obras contemporáneas) que poñemos a disposición das Bibliotecas e as Axencias de Lectura da Provincia da Coruña para que poidades usalas nos vosos Clubs de Lectura.

Se es a/o responsable dun destes centros ou levas un club de lectura e queres saber como solicitalos, invitámoste a seguir lendo…

Como podo solicitar as obras?

Para solicitar os exemplares, tes que enviar un correo electrónico a: biblioteca.info@dacoruna.gal indicando a obra desexada, o número de exemplares que precisas e a información de contacto para realizar o envío.

Canto tempo podo ter as obras en préstamo?

O prazo de préstamo e de un mes e medio, comezando a contar dende o día que se faga efectivo na Biblioteca Provincial da Coruña e rematando cando sexan recibidos na mesma (pódese ampliar en caso de que se precise).

Envíos e devolucións
Os costes de envío dos exemplares correrán a cargo da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, mentres que os de devolución, serán asumidos polo Centro solicitante.

Títulos dispoñibles: Libros para clubes de lectura da provincia de A Coruña

 

Se tes algunha dúbida, chama ao 981 080 176, ou envíanos un correo a biblioteca.info@dacoruna.gal.