Consulta do BOP

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña é unha publicación de carácter oficial que xestiona a Deputación da Coruña. O BOP é o instrumento de información pública que utilizan o conxunto das administracións que operan no ámbito xeográfico provincial para dar a coñecer a súa xestión, facela máis transparente e permitir a participación da cidadanía.

Na biblioteca dispoñemos da colección completa en papel desde o inicio ata o 22 de xuño de 2009, data na que deixa de publicarse en papel.

Para a súa consulta en papel pódese solicitar en persoa na biblioteca,  a través do correo electrónico (biblioteca.hemeroteca@dacoruna.gal) , o formulario  ou cunha petición por escrito.