Servizos

  • Servizos
  • Información bibliográfica

Información bibliográfica

Servizo encamiñado a orientar, formar e informar a cidadanía en todas as súas necesidades de información:

  • Horarios, servizos e normas da biblioteca.
  • Organización e localización dos fondos documentais.
  • Funcionamento e manexo do catálogo automatizado.
  • Acceso a redes de información nacional e internacional a través de internet.
  • Utilización e consulta das distintas bases de datos a través do OPAC.
  • Formación de usuarios.
  • Información especializada adaptada ao perfil do usuario.
  • Préstamo interbibliotecario.

Tlf. 981 080 176 

 

  • Consulta en sala

Consulta en sala

Lectura e consulta en sala

A biblioteca ten 160 postos de lectura, distribuídos en 2 plantas.

A lectura e consulta en sala é un servizo ao que pode acceder calquera cidadán sen necesidade de ter o carné de usuario. A colección bibliográfica desta sala é de libre acceso, é dicir, podes coller ti mesmo o exemplar do andel para a súa consulta

 

  • Préstamo

Préstamo

Préstamo persoal

Para poder acceder ao servizo de préstamo persoal é imprescindible ter o carné de usuario. Lémbrase que este carné é persoal e intransferible.

Unha vez localizada a obra que se desexa sacar en préstamo diríxete ao mostrador e entrega ao persoal o teu carné de socio. A data de devolución figurará na lapela do libro. Para devolver as obras prestadas simplemente entrégaas no prazo indicado ao persoal do mostrador de préstamos.

O carné da biblioteca dá dereito ao préstamo de 3 libros de forma simultánea. O préstamo de libros pode ser prorrogado en adultos ata outros 15 días máis de préstamo se as necesidades do servizo o permiten. Os Cd e Dvd terán un prazo máximo de 7 días. Na Biblioteca Infantil-Xuvenil e Bebeteca os Cd, Dvd e Cd-Rom terán un prazo de préstamo non prorrogables.

A renovación dos libros pódese facer por teléfono ou na sección e Préstamo da Biblioteca.

O atraso na devolución dos libros, prexudica o bo funcionamento do servizo e, en especial, ao resto dos usuarios. Se entregas o material fóra de prazo serás penalizado segundo a táboa recollida no regulamento. Lembra que en caso de roubo, perda ou deterioración do material prestado, deberás substituír o exemplar por outro idéntico.

A renovación do préstamo de libros está permitida a condición de que outro usuario non reservase o libro que desexas renovar. Para iso debes acudir persoalmente á biblioteca. Lembra que para poder realizar a renovación será necesario que nos facilites o teu nº de socio e o código de barras do exemplar que queres renovar.

Inclúense dentro do servizo de préstamo todos os documentos que forman parte do catálogo da biblioteca, excepto as obras de referencia (dicionarios, enciclopedias, etc.) e obras de características especiais (libros de bibliófilo, libros antigos, coleccións especiais, libros esgotados, etc.)

Accede ao noso catálogo en liña para consultar os fondos dispoñibles en Préstamo.

Tlf. 981 080 175

 

  • Internet

Navega pola rede

Na Sala de Fonoteca está o servizo da internet, onde tes a posibilidade de usar un computador para navegar por internet ou facer os teus traballos persoais.

 

Para poder acceder a este servizo deberás presentar ao persoal do mostrador de préstamo o carné da biblioteca.

 

Os computadores están dispostos da seguinte maneira:

  • 14 postos de equipos multimedia con conexión a internet.
  • 1 equipo para consulta do OPAC (catálogo automatizado en liña).
  • Reprografía

Reprografía

Servizo público de fotocopias

Para a reprodución dos fondos da biblioteca, así como a impresión desde o servizo da internet, poñemos á túa disposición 4 fotocopiadoras multifunción e 1 impresora, situada xunto aos equipos da internet.

 

O prezo da copia é de 5 céntimos. As copias realizaranse, exclusivamente, con fins de investigación persoal de carácter cultural ou científico. Non está autorizado o uso comercial da copia (Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o Texto refundido da lei de propiedade intelectual).

 

  • Hemeroteca

Hemeroteca

Sección da biblioteca onde temos, de forma organizada, coleccións de publicacións seriadas destinadas a servir ao público.

Situada na segunda planta, conta con 38 postos de lectura, un computador con acceso en liña, dúas fotocopiadoras e dous lectores-reprodutores de microfichas. A hemeroteca é de acceso libre e gratuíta, a súa colección está formada por máis de 900 títulos.

O tipo de fondos que podes atopar:

  • Boletín Oficial do Estado (BOE). Ademais de atopalo na páxina web oficial (www.boe.es), na biblioteca consérvase microfilmado desde 1711 ata 2008 e en soporte dixital. Os exemplares en papel conservámolos en fondo Emilio Romay. En caso de precisar algún número deberase solicitar cunha marxe de tempo prudencial.
  • Diario Oficial de Galicia (DOG). Dispoñible na páxina web oficial (www.xunta.es/diario-oficial-galicia/).
  • Diario Oficial da Unión Europea (DOUE). Dispoñible en liña.
  • Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP). Ademais de atopalo na páxina web oficial (www.dicoruna.es/bop/) dispoñemos da colección completa en papel. Desde o inicio ata o 22 de xuño de 2009, data na que deixa de publicarse en papel.
  • Temos prensa diaria, nacional, económica e deportiva. Na sala de hemeroteca só temos a prensa do mes en curso e do anterior.
  • Nacional: recíbense 23 xornais, (temática xeral, de deportes, de economía, un exemplar de cada provincia galega e os 3 da Coruña).
  • Estranxeira: 10 diarios, 2 semanais, 1 mensual, e das revistas, dúas están en francés e dous en inglés, e teñen frecuencia semanal.

De toda a prensa nacional e estranxeira consérvase o mes anterior e o mes en curso en sala.

Consérvanse:

  • El Ideal Gallego e ABC encadernados desde 1988 e 1991, respectivamente.
  • El País, en papel, un ano (en microfilm ata o ano 2000).
  • La Voz de Galicia, en papel, un ano, e en CD (1882-2012).
  • Expansión, Cinco Días, Diario de Ferrol, Galicia Hoxe, El Mundo, La Opinión, O Correo Galego durante un ano.

Para coñecer os números dos que dispoñemos chamen ao número de teléfono 981 08 01 72.

Revistas.

A maioría son de libre acceso, nos expositores. Ordenadas por temática (actualidade, economía, dereito, cultura, lecer, informática). Temos máis números en depósito.

Servizos que ofrecemos:

Servizos que ofrecemos:

  • Consulta en sala. Lectura de prensa, boletíns e revistas, tanto dos últimos números como dos atrasados, así como a consulta de publicacións electrónicas que poderán gardar en disquete, CD, DVD, memoria USB e imprimir.
  • Reprografía. (Este servizo rexerase polo establecido na lexislación vixente en materia de copyrigth).
  • Dispón de 1 lector de microfilm (para microfichas, e microfilmes) con impresora láser, e 1 computador con acceso en liña, para visualizar o fondo que temos en CD ou en DVD.

Contacta connosco para solicitar información ou facernos calquera suxestión:

biblioteca.hemeroteca@dicoruna.es

Accede ao noso catálogo en liña para consultar os fondos dispoñibles na Hemeroteca.

Tlf. 981 080 172

  • Fonoteca – Videoteca

Fonoteca – Videoteca

Un espazo para a música, o cinema e internet.

Internet

Internet

Contamos con 14 postos individuais e o único requisito é ser soci@ da Biblioteca. O tempo máximo de utilización é de 1 hora diaria.

8 cabinas individuais de Dvd e Cd para escoitar música, ver as túas películas de cinema ou documentais preferidos ou ampliar os teus coñecementos cos nosos cursos de idiomas. Requisito: ser soci@ da Biblioteca.

Videoteca

Contamos cunha ampla colección de Dvd e Vhs. As películas de cinema están clasificadas por xéneros e cores:

  • Drama: azul
  • Comedía: amarelo
  • Bélico: vermello
  • Cinema español: ñ
  • Fantástico: rosa
  • Terror: gris
  • Histórico: azul claro
  • Suspense: verde
  • Acción: verde escuro
  • Aventuras: laranxa
  • Musical: morado
  • Cinema de animación: @
  • Erótico

Ademais contamos con material audiovisual de diferentes temáticas como: receitas de cociña, biografías, guías turísticas, ciencia, historia, deportes, saúde, coaching, Camiño de Santiago…

Cursos de idiomas: de inglés, francés, alemán, ruso, portugués, italiano, chinés, árabe.

Música

Contamos cunha excelente colección de música tradicional de todos os países do mundo, ademais de jazz,  rock, pop, música clásica.

E audiolibros en castelán, inglés e francés para escoitar onde ti  queiras.

Préstamo a domicilio

  • 3 DVD por 7 días
  • 3 CD de música por 7 días

Podes reservar material que estea prestado e cando o devolvan, avisámoste, tamén podes presentar suxestións de compra cubrindo as fichas de desideratas.

Novidades

Mensualmente elaboramos un boletín das últimas novidades que se adquiriron que está dispoñible na seguinte ligazón:

http://slideshare.com/bibliotecadicoruna

Blog

A Fonoteca está presente nas redes sociais co blog:

http:// fonotecaaldia.blogspot.com

Onde vos informamos de novidades de música e cinema e exposicións que celebramos habitualmente na nosa sala.

Accede ao noso catálogo en liña para consultar os fondos dispoñibles na Fonoteca.

Contacto: A través do noso blog ou en biblioteca.fonoteca@dicoruna.es, ou no teléfono: 981080170.