Seminario sobre a EbiblioDaCoruna na Universidade Sénior

Publicado el

Os xoves 6 e 13 de febreiro, de 11:30 a 13:30 h, persoal técnico da Biblioteca da Deputación impartirá un Seminario de acceso á Plataforma EbiblioDaCoruna e o Club Lector Dixital na Universidade Sénior da Universidade da Coruña. Terá lugar na Aula 1 e non é preciso inscribirse, xa que é entrada libre.

Este Seminario ofértase no marco da colaboración entre a Universidade Sénior, a AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) e a Deputación da Coruña. Ademais de poder asistir ao mesmo de xeito presencial, tamén se emitirá por videoconferencia á Rede de Aulas CeMIT da Xunta de Galicia.

Animámosvos a asistir para coñecer mellor estas dúas ferramentas de acceso á lectura e á información dixital.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *