Semana de Rosalía

Publicado el

A semana do 18 ó 24 de febreiro celebramos na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña a Semana de Rosalía, con motivo do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro o 24 de febreiro.

Con tal motivo, programamos unha serie de actividades relacionadas coa súa figura:

 

Obradoiro de caligrafía creativa aplicada ao deseño

5 sesións de 2 horas de duración cada unha.

Datas: 20, 21, 22, 27 e 28 de febreiro.

Horario: de 19:00 a 21:00 h.

Lugar: Sala de Actividades Manuel López.

Prazas: 15.

Reserva de praza: acudir o dia 14 de febreiro as 10:30 h co carné de socio á Biblioteca Xuvenil. Se quedan prazas dispoñibles, a partir das 11:30 h pódese reservar praza por teléfono no 981 080 171. Reservarase unha praza por persoa. Actividade gratuita.

 

Entroido: Obradoiro de máscaras

Para todas as idades. Incúe un photocall dedicado a Rosalía, que estará instalado xa desde o luns 18.

Data: venres 22 de febreiro.

Horario: entre as 18:00 e as 20:00 h.

Lugar: vestíbulo da Biblioteca.

Entrada libre ata encher.

 

Encontro literario con César Antonio Molina

Data: mércores 20 de febreiro.

Horario: entre as 17:00 e as 18:00 h.

Lugar: Sala César Antonio Molina (2º andar da Biblioteca).

Entrada libre ata encher.

 

Obradoiro de plastilina dedicado a Rosalía

Impartido por Ana Tenreiro. Para nenos e nenas de entre 3 e 6 anos incluídos.

Data: 23 de febreiro.

Horario: de 11:30 a 13:00 h.

Lugar: Bbtk Infantil.

Reservar praza a partires do luns 18 ás 9:00 h, por teléfono no 981 080 174 ou presencialmente na Bbtk Infantil. Terán preferencia os socios. Unha praza por neno agás irmáns. Durante a actividade deberán estar acompañados por un adulto.

 

Semana literaria de Rosalía

Recompilación de obras de Rosalía de Castro e recursos sobre a súa figura e produción.

Estarán dispoñibles en acceso directo na Sala de Préstamo e Información, e tamén na plataforma de préstamo dixital EbiblioDaCoruna.

Ademais, poñemos á túa disposición unha guía de lectura de Rosalía de Castro na Biblioteca da Deputación, que podes ler aquí: GuiaDeLecturaRosaliaDeCastro

 

Díptico co programa completo: Semana de Rosalía

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *