Semana branca na Biblioteca

Publicado el

Comezamos 2020 fartos de friaxe, choiva e vento lembrando xaneiro de 1987, cando a nosa cidade e toda Galiza espertou chea de neve. Como o domingo día 19 conmemorouse o Día Internacional da Neve (World Snow Day) instaurado pola Federación Internacional de Esquí creada en 1924 en Chamonix (Francia) www.fish-ski.com coa fin da promoción dos deportes brancos e o gozo da natureza, na biblioteca arremangamos a camisa e fixemos un recuncho temático arredor dos deportes da montaña.


Coñeceremos a fazaña de subir ao Everest da viguesa Chus Lago en 1999 e dez anos despois en xaneiro de 2009 sería a primeira española en alcanzar o Polo Sur en solitario tras 59 días de travesía pola Antártida. Fazaña que a norueguesa Liv Arnesen alcanzara en 1994.

E non esquecemos as catro semanas atrapado  no xeo do explorador noruego Roald Amundsen (1872-Mar de Barents 1928).

En cinema atoparedes grandes historias de aventuras, acción e documentais; e se aínda non tes prendido no corpo a emoción de coñecer e vivir a montaña, recomendámosche o libro de Adela Leiro “As Montañas de Galiza” para iniciarte no mundo dos roteiros.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *