O Apóstolo Santiago na Sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany

Publicado el

 

Xa que estamos a celebrar a festividade de Santiago Apóstolo, queremos facervos partícipes dos interesantes fondos que podedes consultar na biblioteca de César Antonio Molina e Mercedes Monmany:

  • Coma por exemplo, o libro de José Tono Martínez: Hijos del trueno : mitos y símbolos en el camino de Santiago, onde este antropólogo e doutor en Filosofía nos fala de que: “el Camino excede el propio mito de Santiago Apóstol y su traslación misteriosa a Iria Flavia, adquiriendo autonomía propia y convirtiéndose en una hierofanía singular”. Fálase tamén da tantas veces comentada posibilidade de que os restos sexan de Prisciliano e non do Apóstolo Santiago, ou incluso de Merlín. A óptica desde a que se trata o tema é próxima á mitoloxía comparada.

 

 

  • Logo tamén consideramos interesante a obra coordinada por José López-Calo: Los instrumentos del Pórtico de la Gloria : su reconstrucción y la música de su tiempo, especialmente agora que se ten rematado o proceso de restauración desta xoia do románico, que a partir deste venres poderá ser visitada polo público.
    Precisamente tratando deste proxecto de reconstrucción dos instrumentos do Pórtico da Gloria, tendes tamén un vídeo no que se explica o proceso: https://www.youtube.com/watch?v=xRCR7dO8K7g

 

 

  • Coma curiosidade, estaría a edición en alemán da obra de Gonzalo Torrente Ballester: Compostela y su ángel = Santiago de Compostela Ein Pilgerlesebuch, con unha dedicatoria autógrafa do autor, datada no 2007. Obra que na súa versión orixinal fora un encargo da editorial Afrodisio Aguado, no ano 1948, de escribir un libro con motivo do Ano Santo. Torrente escribe aquí sobre a Cidade xacobea, a súa historia, as súas pedras, os seus personaxes e os seus misterios.

 

 

 

  • Outro libro que pode resultar interesante de consultar e ollar, pola beleza das súas ilustracións, é o que recolle a exposición do debuxante asturiano Alfredo González, no Museo das Peregrinacións e de Santiago: Alfredo debuxa o Camiño. Neste libro o artista, cos seus lapis e láminas plasmou capelas, igrexas, mosteiros, pero tamén pequenos pobos solitarios, que espertan da súa letarxia cando os peregrinos chaman ás súas portas. É o caderno de bitácora do debuxante, na súa peregrinaxe desde Saint Jean Pied de Port, entre finais de agosto e principios de setembro de 1991.

 

 

  • E finalmente incluimos nesta selección o libro do investigador e escritor pontevedrés Xosé Filgueira Valverde (1906-1996): El libro de Santiago, que orixinalmente foi publicado no ano 1948 pola Editorial Nacional, pero que nós temos nunha edición de luxo da Deputación da Coruña, do ano 1989, cunha breve introducción do entón presidente da Deputación Salvador Fernández Moreda e con debuxos de Xosé Sesto. Libro ao que lle dedicou un artigo en La Opinión o museólogo, arqueólogo e historiador Felipe Senén: https://www.laopinioncoruna.es/opinion/2012/07/22/o-libro-santiago/629880.html

 

 

 

Como xa comentabamos, todas estas obras poden ser consultadas na biblioteca César Antonio Molina e Mercedes Monmany, situada no segundo andar da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, e a continuación reproducimos os seus rexistros bibliográficos:

AUTOR: Tono Martínez, José
TÍTULO: Hijo del trueno : mitos y símbolos en el Camino de Santiago / José Tono Martínez
PUBLICACIÓN: [Madrid] : Evohé Didaska, 2015
DESCRIPCIÓN FÍSICA: 172 p. ; 23 cm
MATERIA: Mitos y leyendas – Camino de Santiago
CLASIFICACIÓN: 398.2(914.4+914.6 Camino de Santiago)
ISBN: 9788415415664

SIGNATURA: S 398 TON hij

 

 

TÍTULO: Los Instrumentos del Pórtico de la Gloria : su reconstrucción y la música de su tiempo / coordinación, José López-Calo ; [traducción de los textos de y al inglés, Keith Ammerman]

PUBLICACIÓN: La Coruña : Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2002
DESCRIPCIÓN FÍSICA: v.<2> : il. col. y n. ; 29 cm
MATERIA: Catedral de Santiago de Compostela
MATERIA: Instrumentos musicales – S. XII
MATERIA: Instrumentos musicales en el arte
MATERIA: Música religiosa – Santiago de Compostela – S. XII
AUTOR SECUNDARIO: López Calo, José, coord.
NOTA: Texto en español e inglés
CLASIFICACIÓN: 681.81″11″(0:73)
CLASIFICACIÓN: 726.6(461.11Santiago)
CLASIFICACIÓN: 783.033.4(461.11Santiago)
ISBN: 84-9752-008-4

SIGNATURA: S 72 INS

 

 

AUTOR: Torrente Ballester, Gonzalo
TÍTULO: Santiago de Compostela : ein pilgerlesebuch / Gonzalo Torrente Ballester ; mit einem nachwort von Javier Gómez-Montero ; unter leitung von Victor Andrés Ferretti ; in zusammenarbeit mit Karina Gómez-Montero
PUBLICACIÓN: Kiel : Ludwig, [2007]
DESCRIPCIÓN FÍSICA: 205 p. ; 21 cm
COLECCIÓN: Band ; 3
AUTOR SECUNDARIO: Gómez-Montero, Javier, ep.
AUTOR SECUNDARIO: Ferretti, Victor Andrés, dir.
AUTOR SECUNDARIO: Gómez-Montero, Karina, col.
CLASIFICACIÓN: 821.134.2-94″19″
CLASIFICACIÓN: 821.134.4-94″19″
ISBN: 978-3-937719-54-2

SIGNATURA: SD 860-94 TOR san

 

 

AUTOR: González, Alfredo

TÍTULO: Alfredo debuxa o camiño = Alfredo dibuja el camino = Alfredo draws the camino / textos, Ignacio Carrión…[et al.]
PUBLICACIÓN: Santiago de Compostela : Xunta de Galicia, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, 2009
DESCRIPCIÓN FÍSICA: 82, 75 p., [96] h. de lám : il. col. y n. ; 25 cm
MATERIA: Camino de Santiago – Descripción
MATERIA: Camino de Santiago – Dibujos
AUTOR SECUNDARIO: Carrión, Ignacio
NOTA: Texto en gallego, inglés y español
CLASIFICACIÓN: 914.4+914.6 Camino de Santiago
CLASIFICACIÓN: 914.4+914.6 (0:74)
ISBN: 978-84-453-4824-6

SIGNATURA: S 74 GON alf

 

 

AUTOR: Filgueira Valverde, Xosé
TÍTULO: El Libro de Santiago / José Filgueira Valverde ; ilustraciones de J. Sesto
PUBLICACIÓN: A Coruña : Diputación Provincial, 1989
DESCRIPCIÓN FÍSICA: 337 p. : il. ; 35 cm
MATERIA: Santiago Apóstol – Culto – Galicia
AUTOR SECUNDARIO: Sesto, J., il.
AUTOR SECUNDARIO: A Coruña (Provincia). Deputación Provincial, ed.
CLASIFICACIÓN: 235.3 Santiago Apóstol (461.1)
CLASIFICACIÓN: 929 Santiago Apóstol
ISBN: 84-86040-35-3

SIGNATURA: S 235 FIL lib

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *