Libros, herbas e curiosidades para San Xoan 2020

Publicado el

 

A noite de #SanXoán sempre tivo algo de máxico, unha particular faísca mística que incentivou a moitos autores para crear, unha celebración que sempre levou consigo un serie de lendas de tradición oral. O certo é que esta festa ten unha orixe incerta xa que en case todas as culturas celébranse os equinoccios e os solsticios, desde Aztecas ata os Celtas, os gregos e romanos os pobos Bereberes e na India, a mitoloxía sinala esta data como uns días máxicos de cambio e moitos son os autores que utilizaron este tema.

Este ano, polas medidas extraordinarias de prevención do COVID 19 en moitos fogares non se poderá celebrar esta festa ancestral. Aínda así non queremos pasar a oportunidade para recomendarvos obras e lecturas relacionadas coa temática e dispoñibles no noso fondo bibliográfico para a súa consulta e lectura e préstamo. Facemos un pequeno percorrido polas literatura, as herbas, cómo se celebra o San Xoán noutras partes do mundo, e tamén un libro de bibliófilo dispoñible na biblioteca sobre as plantas.

 

1. A noite de San Xoán nos libros

A noite de #SanXoán é unha noite única, máxica e inspiradora, e deixou tamén a súa pegada na literatura durante séculos. Aquí vos amosamos algúns libros sobre esta noite que podedes levar en préstamo:

 Noches de San Juan de  Clara Usón. Dispoñible na Biblioteca signatura 3M/12265

La Noche de San Juan de  Mircea Eliade. Dispoñible na Biblioteca signatura 3M/12005

La Noche de San Juan de Georges Duhamel Dispoñible na Biblioteca signatura 3B/912

Sueño de una noche de San Juan de  William Shakespeare Dispoñible na Biblioteca signatura 2I/483

San Juan : tragedia / Max Aub  Dispoñible na Biblioteca signatura 3M/12034

 

2. sabías que…?

Na tarde e noite da véspera de San Xoán recóllese as herbas de San Xoán

Hai varias clases de herbas que se utilizan para isto, sendo as máis recoñecidas as seguintes: Tromentelo, folla de cana, choupo (ollo de prata), ruda, herba luisa, manzanilla, ortelán, mildrastes, fiunchos (anises), herba de san Xoán, espadaina, puenso, herba lemona, lirio, romeo, ourego, loureiro, allo, rosas, follas de nogueira con tres noces, fento rizado (peineta), herba do Carme, silveira, folla de figueira, folla de olmo, folla de laranxeira, malvarosa, hortensia,folla de viña blanca e outras.  Vicente Risco dá una lista de ata 22 clases.

Tamén hai quen lle votaba chavos- lémbrese o conxuro o exconxuro recollido en Vimianzo, que recitaba na cerimonia da Bendición e Afumadura das leiras- e para curar inchazóns de orixe descoñecida. Se, por exemplo, lle pica a alguén un bicho velenoso ten que poñer a arder as herbas secas de San Xoán e afumar co seu fume o sitio onde recibiu a picadura.

Imaxe compartida por @OrgulloGalegoGZ en Twitter

Libros sobre a flora en Galicia

Diferentes herbas, e flores recollidas a véspera de san Xoán, posúen tamén propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo. Recollemos aquí algúns libros sobre a flora e prantas de Galicia.

101 hierbas medicinales   Dispoñible na Biblioteca signatura 3M/23031

15 hierbas buenas  Dispoñible na Biblioteca signatura 3M/31559

Estudio citotaxonómico de la flora de las costas gallegas. Dispoñible na Biblioteca signatura GAL/4530

Flora de Galicia  Dispoñible na Biblioteca signatura BM/1656

Ensayo de una flora fanerogámica gallega  de José Planellas Giralt; editado en 1852 Dispoñible na Biblioteca signatura BM/2782


Adiciones a la flora de Galicia editado en 1917 Dispoñible na Biblioteca signatura BM/2354

Sobre flora y vegetación de GaliciaDispoñible na Biblioteca signatura GAL/2151

Guía da flora do litoral galego  Dispoñible na Biblioteca signatura GAL/7557

 Guía das plantas con flores de Galicia  Dispoñible na Biblioteca signatura GAL/4025

 

3. Libro de bibliófilo sobre as plantas

Herbolarium et materia medica : (Ms. 296)  Dispoñible para a consulta  na Biblioteca signatura RA/189/1-2

Manual práctico de farmacopea con gran difusión en la Edad Media. Comprende textos antiguos agrupados entre los siglos IV y VI acompañados de ilustraciones de animales y plantas con propiedades curativas. Contiene tres tratados de fitoterapia y tres de zooterapia y se completa con un recetario atribuido a Galeno, un tratado de antropoterapia y un calendario dietético para cada uno de los meses del año.
NOTA: Es reprod. facs. del ms.. — conservado en la Biblioteca Estatal de Lucca, signado Ms.296. — que data del s. IX
Ejem. nº 97 de una ed. limitada de 995


4. Na sección Infantil da Biblioteca

Para os máis pequenos da casa recomendamos este libro  libro «111 actividades contra el aburrimiento: manualidades, recetas, experimentos, curiosidades y otras ideas para los días sin cole»  Dispoñible na Biblioteca signatura 379 FLO cie  na sección Infantil e Xuvenil

 

Entre as páxinas 70 e 76 recolle cómo celebra o San Xoán no mundo, varias recetas para os máis pequenos da casa, coa elaboración paso a paso da coca de San Xoán, e de cómo preparar un cóctel con varias froitas, e incluso a decoración da copa. Tamén recolle o libro xogos nocturnos para pasar unha noite divertida e máxica!

Que disfrutedes e aprendades con estes recursos que vos compartimos!

#SanXoan #noitedeSanxoan

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *