San Valentín na Biblioteca

Publicado el

Desde a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña celebramos un San Valentín especial, cheo de amor ós libros, á música, ó cinema, ós contidos dixitais, á literatura en xeral… Por iso preparamos unha selección de materiais para que atopes un axeitado para ti que che faga sentir ese frechazo especial que a veces temos con una frase dunha novela, con unha canción do noso artista favorito, con una película que aínda non viramos…

No andar de Préstamo e Información atoparás a iniciativa “Cita a cegas”, onde poderás elixir un libro sen saber cal é. Só orientándote con unha frase extraída do libro, decide cal deles te engancha.

 

Na EbiblioDaCoruna podes ver unha selección de novelas relacionadas coa temática do 14 de febreiro, pero tamén podes navegar polos diferentes carruseis e atopar unha obra coa que pasar esta tarde de terraza ou sofá.

Definitivamente, para desfrutar e relaxarte este día recomendámosche sen dúbida que pases pola Fonoteca e tomes en préstamo algunhas das películas ou da música que seleccionamos especialmente.

 

Na Biblioteca Xuvenil atoparás tamén unha guía de lectura de novela romántica, onde podes elixir aquela que máis che guste para entreterte este día. Podes lela aquí: novela romántica 2019

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *