Samaín na Biblioteca

Publicado el

BBTK INFANTIL: QUEN DIXO MEDO?

A BBTK Infantil preparou unha guía de lectura para os lectores máis pequechos, para que poidan desfrutar da lectura de contos especialmente pensados para o día de Samaín. Está dispoñible fisicamente na BBTK Infantil, e tamén aquí: Quen dixo medo?

 

TALLER DE SAMAÍN

Realizaremos un taller aberto a todos os públicos no que elaboraremos coroas de Samaín que poderás empregar esa mesma noite co teu disfrace, e tamén nos tomaremos unhas fotos arrepiantes e divertidas no fotocol que temos preparado.

Día e hora: xoves 31 de outubro entre as 18:00 e as 20:00 h.

Entrada libre (os menores de 7 anos deberán estar acompañados por unha persoa adulta).

 

CARRUSEL DE LECTURAS ARREPIANTES NA EBIBLIODACORUNA

Selección de literatura de terror, tanto clásicos coma novidades, dispoñibles na plataforma de préstamo dixital EbiblioDaCoruna.

 

SAMAÍN NA FONOTECA

Vén disfrazado/a e visita a exposición de cinema de terror que temos preparada; dinos a túa película de medo favorita ou a que lembres con moito arrepío e levarás un agasallo!

O xoves 31 de outubro entre as 16:00 e as 20:00 horas, para maiores de 15 anos e menores acompañados.

 

Podes consultar ou descargar o programa completo aquí: Samaín 2019 Programa de actividades. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *