Rueiro musical coruñés

Publicado el

Propoñémosche un paseo musical polas rúas coruñesas. Saímos da Biblioteca en Riego de Agua e preto da Rúa Real atopamos a nosa primeira parada:

 

Pertencente a unha familia de comerciantes e compositores instalada na Coruña dende mediados do s. XIX.  O seu pai abriu a primeira editorial e o primeiro comercio de música para a venda de partituras e instrumentos musicais co nome de Almacén de música Sebastián Canuto Berea Ximeno. En 1853 o seu fillo Canuto Berea Rodriguez (1836-1891) continuou co negocio familiar dándolle un gran pulo. Abreu un novo almacén na rúa Acevedo nº 13 (hoxe Real nº 38) convertíndose nun gran centro cultural onde pasaron moitos artistas da época.  Berea ademais de pianista, compositor, editor e axente teatral, foi alcalde da cidade.

Camiñamos  ata  a Praza de Ourense, nº 8 onde atopamos a placa conmemorativa en honor a  Miguel Fleta (Albalate de Cinca, Huesca 1897 – A Coruña 1938).

 

 

Un dos tenores máis importantes do seu tempo. Estréase en Trieste, Italia, obtendo éxito e contratos por toda Europa e América. Participou na estrea póstuma de Turandot de Giacomo Puccini na Scala de Milán (1926) baixo a dirección de Arturo Toscanini.

Camiñando ao carón do peirao chegamos á nosa penúltima parada que leva o nome doutro ilustre compositor:

 

(A Coruña, 1826 – Lóngora, Oleiros, 1881). Considerado o pai da canción clásica galega. A súa obra ten gran influencia de Chopin. Musicou moitos poemas da súa dona, a escritora Fanny Garrido.

Rematamos este paseo no Palacio da Ópera, sede da Orquestra Sinfónica de Galicia, creada en 1992 polo concello coruñés é unha das agrupacións orquestrais con máis renome a nivel nacional e internacional con moitos seguidores en tódolos continentes.

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *