Revista Abracadabra Nº 45

Publicado el

Xa está aquí o novo número da Revista Abracadabra!

Si , si, como o estades a escoitar!!! Iso si, en versión dixital… En breve terédela tamén en formato físico na Sección Xuvenil da Biblioteca. Pero como sabemos que xa non podiades esperar máis para gozar do novo número, non dubidamos nin un segundo en poñela xa na nosa páxina.

E nesta ocasión, que nos trae? Pois, o número 45 da Revista Abracadabra, dedicámolo, nin máis nin menos, que ao «cero». Ese número que normalmente non nos adoitaba gustar… e digo adoitaba, porque a partir de agora, verédelo con outros ollos. E é que, que sería de nós sen o cero?

E por suposto, con pasatempos, chistes, libros recomendados, galería de fotos,…

 

Podedes ler o número completo aquí: Revista Abracadabra 45

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *