Recordos do Centenario de Wenceslao Fernández Flórez

Publicado el

“…Cuando ni gemimos ni nos encolerizamos ante lo que nos disgusta, no queda más que una actitud : la de la burla. Es esta una posición desde la que no pretendemos matar al adversario, sino, en todo caso, hacer que se suicide ; ni aspiramos a contagiarle nuestras lágrimas, sino a que sea la sonrisa la que se le pegue y le desarme. En este caso la impresión hiriente no pasa tan sólo por el corazón para tomar en él bríos de protesta o acentos aflictivos, sino que se deja macerar en el cerebro, de donde sale como amansada ; más pulida, más cortés y, sobre todo, más comprensiva.”

“El humor en la literatura española”, discurso lido ante a Real Academia Española na toma de posesión da cadeira S de Wenceslao Fernández Flórez

Debeu resultarlle difícil a César Antonio Molina, comisario da exposición realizada no Kiosco Alfonso con motivo do Centenario de Wenceslao Fernández Flórez, saber en que ano realizala, xa que o escritor, na súa xenial veleidade, mantivo durante toda a súa vida una certa indeterminación en torno ao día do seu nacemento. Sería necesario acudir aos arquivos do Concello da Coruña para coñecer, xa non o día, senón mesmo o ano en que celebrar tan ilustre Centenario.

Catálogo da exposición dedicado polos humoristas e intervinientes Paco Vázquez, Santos Sanz Villanueva, José Luis Coll, Máximo [San Juan], Mariano Tudela, Abelardo Linares, Abelenda, José Esteban, Mingote

Wenceslao Fernández Flórez, de familia acomodada e con vocación pola medicina, entrará tras a morte do seu pai, con só 15 anos, a traballar como xornalista “tan á forza como un confitero desempregado pode aceptar traballar nun forno de pan”, confesión que recolle na súa antoloxía “Mis mejores páginas”, escrita xa no momento cume da súa carreira, cando conseguira ser membro das Reais Academias Española e Galega, afamado columnista, e humorista aclamado polo público con obras estreadas nos principais teatros do país.

Caricatura de Wenceslao Fernández Florez, realizada por Castelao

Os actos conmemorativos do Centenario comezaron coa colocación dunha placa na casa da rúa Torreiro, número 16, onde naceu Fernández Flórez e que sería subtraída en 2007. Os eventos da homenaxe duraron máis de tres meses e participaron personalidades tan destacadas como Gonzalo Torrente Ballester, Domingo García Sabell, Manuel Vicent, Alfredo Conde, Carlos Casares, Manuel Vázquez Montalbán, Juan Carlos Mainer, Santos Sanz Villanueva, Darío Villanueva, Abelardo Linares, Rafael Conte e Dámaso Santos, entre outros.

Caricatura de Wenceslao Fernández Flórez realizada por Mingote

E de entre todos, cabe destacar aos seus compañeiros de profesión: escritores, debuxantes e humoristas, cos que tiña tantos nexos en común aínda cen anos despois: José Luis Coll, Forges, Mingote, José Esteban, Máximo (San Juan), Mariano Tudela e Abelenda, que participaron nos ciclos de mesas redondas ao redor da figura do escritor coruñés.

Libro dedicado por Valle-Inclán

Con todo, o prato forte, que vertebrou todos e cada un dos actos, foi a exposición, comisariada por César Antonio Molina, que tivo lugar no Kiosco Alfonso, onde se reuniu material xamais exhibido no seu conxunto: manuscritos da maioría dos seus libros, fotografías, primeiras edicións, traducións, carteis de películas sobre a súa obra, obxectos persoais e ata a reconstrución do despacho no que traballou durante máis de 50 anos.

Manuscrito de Volvoreta

Uns actos que encheron A Coruña co máis florido das letras españolas e do que na biblioteca e arquivo de César Antonio Molina e Mercedes Monmany quédannos aínda moitos recordos. E todo iso coa idea de servir de canle para a relectura e revitalización dun enxeño, o de Wenceslao Fernández Flórez, hoxe case esquecido, que continúa ocupando un dos máis altos postos dentro das letras de Galicia.

Libro dedicado por Camilo José Cela

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *