Recomendamos #untituloaodia

Publicado el

Xa coñeces o noso proxecto de «Un título ao día»? Xa vai máis dun ano que comezamos esta actividade a través das redes sociais. Cada día facemos unha recomendación dalgún libro, película, partitura, xornal, revista, etc. Todas as recomendacións están accesibles nas coleccións das que dispón a Biblioteca da Deputación, sexan físicas ou dixitais.

Con esto tratamos de dar ideas ás persoas lectoras para que atopen a súa próxima lectura ou película, e tamén queremos difundir a variedade de materiais que se poden atopar nunha biblioteca. Non só temos libros!

Ademáis, é unha ventá para dar a coñecer autores e autoras, editoriais, xéneros… e sobre todo animar á lectura dando razóns para que alguén tome prestado un título no que non tiña pensado. É dicir, creando sinerxias e facendo que lectores e libros se atopen.

Estes días nos que a Biblioteca física está pechada, non imos facer recomendacións de materiais físicos aos que é posible que non poidades ter acceso. Así que todas as nosas recomendacións co cancelo #untituloaodia, que podes seguir diariamente nas nosas redes sociais, serán de títulos que están dispoñibles na nosa biblioteca dixital, a EbiblioDaCoruna. Síguenos!

Twitter: @bibliodacoruna

Instagram: @bibliodicoruna

Facebook: Biblioteca da Deputación da Coruña

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *