Qué bello será vivir sin cultura

Publicado el

“…Por las mesillas, por las mesas y las estanterías dobladas por el peso, aún reposan las miles de hojas impresas protegidas por las portadas multicolores. Toco unos libros, abro otros y recuerdo la historia de cada uno de ellos: su nacionalidad, su lengua, el peso que arrastran desde el origen. Mi biblioteca está compuesta por cientos de ciudades, miles de calles y otros tantos paisajes. Por estos espacios he caminado con los autores y sus personajes. He vivido sus vidas a lo largo de muchos siglos y cuando toco las páginas que estoy leyendo percibo sus lágrimas o sus risas, sus olores, veo los colores del amanecer o del ocaso. Un libro también es un objeto, una materia, una representación, un símbolo, una dimensión…”

 

Molina, César Antonio : “¡Qué bello será vivir sin cultura!”

 

Non cabe dúbida de que estamos a vivir unha revolución dixital, un cambio de paradigma que afecta á nosa vida en tódolos aspectos, posiblemente máis que ningún outro que experimente anteriormente a humanidade. Pero, eses cambios serán para mellor?, lévanos o mundo dixital a perder a nosa esencia como sociedade ou pola contra ábrenos a un mundo máis amplo, aínda descoñecido? César Antonio Molina analiza a situación desde múltiples puntos de vista: as bibliotecas, editoriais, política, metafísica, literatura, historia…

 

Percorrendo lugares de todo o mundo, penetrándose en bibliotecas famosas, en relatos de escritores antigos e levándonos polas entrañas dos algoritmos de Google, César Antonio Molina regálanos este ensaio no que nos traslada ata épocas remotas e lugares afastados, achéganos a culturas antigas e distantes, á súa maneira de entender os libros, a lectura, á vez que nos coloca un espello no que reflectirnos como sociedade.

 

Non é difícil ser autor en Internet, pero como podemos como lectores verificar a calidade das obras? Pode un blogueiro substituír a un profesor? Ou incluso deixaremos de escribir a man e a caligrafía será parte do pasado nun futuro non moi afastado? Doutra banda, cambiaremos como sociedade? as novas tecnoloxías achegarannos ou será a fenda dixital a que nos separe? haberá indixentes dixitais? Todas esas preguntas expónnolas, coa súa magnifica lóxica César Antonio Molina, levándonos a analizar fríamente a situación dun mundo no que xa nos atopamos.

 

Coa precisión dun cirurxián nunha operación a corazón aberto, César Antonio Molina, experto coñecedor das letras, ábrenos paso co seu razoamento ás entrañas da conxuntura presente e ensínanos os cambios críticos, os puntos de inflexión dunha civilización que se está transformando inevitablemente, que nos leva sen remedio a outra cultura, e polo tanto, a outra sociedade. Pero a pregunta é: “é esa a sociedade que queremos?”

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *