Que non pare o conto!

Publicado el

Por fin é verán! E as vacacións e o bo tempo énchennos de enerxía e de inspiración para enfrontarnos a calquera reto e probar aquelas cousas que sempre nos chamaron a atención. Nesta ocasión, sentímonos un pouco artistas e por iso che propoñemos, desde a Bbtk Infantil e a Biblioteca Xuvenil, que

1- Te achegues á túa sección e elixas unha lectura para ler estes días de verán nese sitio especial que che da voas vibracións

2- Te inspires nela e plasmes a túa creatividade na cartolina que podes recoller na BBTK Infantil ou na Biblioteca Xuvenil, ou podes descargar o modelo aquí: Modelo BBTK infantil     Modelo Biblioteca xuvenil. Debuxa as personaxes, unha escena, unha paisaxe… deixa renda solta á túa vea artística!

3- Traea túa obra á Biblio (pode ser debuxo, banda deseñada, viñeta, colaxe… a técnica é libre) xunto coa autorización asinada (podes recollela na Biblioteca ou descargala aquí: Autorización e bases do certame) e elixe o teu agasallo que che entregaremos no momento.

 

Por suposto, todas as creacións serán expostas para que se poda gozar da arte que levas dentro e nos inspires para ler outros libros, escoitar outras músicas e gozar doutras disciplinas.

 

Pariticipa do 15 de xullo ó 15 de setembro de 2019

Todos os debuxos teñen premio!

Bases

  1. Obxecto

O obxecto da actividade é a promoción da lectura entre infancia e a mocidade e o impulso da creatividade e a imaxinación baseada na lectura. A actividade consiste na realización dun debuxo inspirado nunha lectura e na entrega do mesmo na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, polo que se recibirá un agasallo.

  1. Participantes

Poderán participar todas as persoas socias da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña menores de idade. Cada participante só poderá presentar unha única obra.

  1. Temática

Os debuxos versarán sobre a lectura elixida pola persoa participante, que constará cos seus datos no propio debuxo, segundo o modelo facilitado xunto con estas bases.

  1. Formato

O formato será DIN A4 formato vertical ou horizontal segundo participen na BBTK Infantil ou na Biblioteca Xuvenil respectivamente. A técnica é libre.

  1. Agasallo

Todas as persoas participantes que cumpran coas bases recibirán un agasallo da Biblioteca no momento no que entreguen o traballo xunto coa autorización que se xunta debidamente cuberta e asinada.

  1. Dereitos

A Biblioteca da Deputación reserva o dereito a facer uso das obras, o que implica a cesión dos dereitos de autora ou autor para que a institución poida darlle difusión nas súas canles internas e externas no marco dos seus fins de promoción da lectura e difusión cultural. A participación nesta actividade implica a aceptación total das bases.

 

Feliz verán a todos e… Que non pare o conto!

 

 

Autorización e bases do certame

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *