Que non pare o conto: para socios/as de 4 a 8 anos

Publicado el

Dende a Bbtk da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña queremos animarche a que nos visites e participes na nova actividade que poñemos en marcha para os meses de decembro e xaneiro:

1- Achégate  á túa sección e leva en préstamo os teus libros favoritos para ler estes días. ( Podes pedir cita previa en http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/cita-previa/)

2- Realiza un debuxo, colaxe, cómic… inspirándote nun deles e plasma a túa creatividade na cartolina que podes recoller na Bbtk, ou que tamén podes descargar o modelo aquí: Modelo

3- Trae a túa obra á Bbtk xunto coa autorización asinada (podes recollela na Bbtk ou descargala aquí: Autorización e bases) e elixe o teu pequeno agasallo que che entregaremos no momento.

Por suposto, todas as obras serán expostas na Biblioteca!

Agardámosche!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *