Programa de linguas de outono da Biblioteca

Publicado el

Consulta toda a información do programa de linguas da Biblioteca para adultos.

Programa completo: Programa activ. linguas 2018

 

Antes de reservar praza, ler con atención as seguintes indicacións:

RESERVA DE PRAZA CURSOS LINGUAS

 

Para reservar praza terán preferencia os socios (presentar o carné da Biblioteca)

O prazo de inscrición comenza o día 26 de setembro ás 16:00 h.

na Sección Infantil e Xuvenil (se quedan prazas dispoñibles seguirá aberto o prazo de matricula)

Para a inscrición respectarase a orde de chegada.

Reservarase prazas para  facer a reserva por teléfono chamando ao 981 08 01 71 a partir das 18:30 h do día que corresponda para apuntarse á actividade.

Reservarase unha praza por persoa.

Os cursos son totalmente gratuitos.

Todas as persoas que non asistan o 1º día ou falten mais de 2 veces (sexa ou non a falta xustificada) quedarán excluídas da actividade .

 

 

CURSOS DE INGLÉS

Impartidos por Elisabeth Hamer

DURACIÓN: outubro- febreiro

 

NIVEL BÁSICO

Orientado a persoas que teñen un coñecemento moi básico do  idioma. (20 prazas)

DÍA: os martes de 10:30 a 11:45 h

Data de comezo: 16 de outubro

 

NIVEL MEDIO I

Dirixido a persoas que xa teñen  un coñecemento básico da lingua e queren mellorar a súa comprensión oral e escrita. (20 prazas)

DÍA: os martes de 12:00 a 13:15 h

Data de comezo: 16 de outubro

 

NIVEL MEDIO II

Enfocado a persoas que teñen unha boa gramática e queren mellorar a súa comprensión oral. (20 prazas)

DÍA: os martes de 19:15 a 20:30 h

Data de comezo: 16 de outubro

 

NIVEL AVANZADO

Dirixido a persoas que teñen un dominio da gramática, un léxico rico e poden manter unha conversa en inglés. (20 prazas)

DÍA: os luns de 20:15 a 21:30 h

Data de comezo: 15 de outubro

 

APERTURA DE INSCRICIÓN O 26 DE SETEMBRO  (ler no recadro de reserva de praza)

 

 

 

 

CURSO DE INICIACIÓN Á LINGUA ESPAÑOLA

Orientado a persoas que teñen un coñecemento básico do  idioma ou que queren mellorar e perfeccionar cuestións lingüísticas.

 

Impartido por Patricia Cernadas

DURACIÓN: 16 sesións

PRAZAS: 15

DÍA: OS MÉRCORES

Horario: de 11:30 a 12:30 h

Datas:

  • 17, 24 e 31 de outubro
  • 7, 14, 21 e 28 de novembro
  • 12 e 19 de decembro
  • 9, 16, 23 e 30 de xaneiro de 2019
  • 6, 13 e 20 de febrero de 2019

 

APERTURA DE INSCRICIÓN O 26  DE SETEMBRO

(ler no recadro de reserva de praza)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *