Programa de actividades de outono para ADULTOS

Publicado el

¡Xa está aquí a programación de outono para este 2019/2020 da Biblioteca da Deputación!

Programa completo: Programa activ.adultos outono 2019. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

PARA A RESERVA DE PRAZA: 

Para reservar praza terán preferencia os socios (presentar o carné da Biblioteca)

O prazo de inscrición comeza ás 16:30 h do día que lle corresponda a cada actividade, na Sección Infantil e Xuvenil.

Se quedan prazas dispoñibles seguirá aberto o prazo de matrícula.

Para a inscrición respectarase a orde de chegada.

Para  facer a reserva de praza por teléfono chamen ao 981 08 01 71 a partir das 17:30 h do  día que corresponda para apuntarse á actividade.

Reservarase unha praza por persoa.

Os cursos son totalmente gratuítos.

Todas as persoas que non asistan o 1º día ou falten máis de 2 veces (sexa ou non a falta xustificada) quedarán excluídas da actividade .

 

 

CONFERENCIAS DE ARTE: “Estratexias de visibilidade na arte”

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR A SALA

Impartido por Luisa Valdés

DÍAS: os xoves

HORARIO: ás 11:30 h

DURACIÓN: outubro-xaneiro

Data de comezo: xoves 17 de outubro

 

 

TALLER DE LITERATURA CONTEMPORÁNEA 

Apertura de inscrición o 26 DE SETEMBRO ás 16:30 na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

 

Impartido por Patricia Cernadas

 

DÍAS: os luns, martes, mércores e xoves (para elixir)

PRAZAS. 25 cada taller

HORARIO: de 17:00 a 19:00 h

DURACIÓN: outubro-xaneiro

Data de comezo: semana do 14 de outubro

 

 

LECTURAS (para ler cando comeze o taller):

  • Luns : El Danubio, Claudio Magris
    Martes: Amor perdurable, Ian McEwan.
  • Mércores: Recuerdos del futuro, Siri Hustvedt.
  • Xoves: La hija del Este, Clara Usón.

 

 

TALLER “CONTAR OS CLÁSICOS GALEGOS”

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR A SALA

Un taller para achegar aos asistentes os autores e autoras  clásicos galegos a través da literatura do conto.

 

6 charlas de 75 minutos de duración cada unha

DÍAS: os luns 14, 21 e 28 de outubro e 4, 11 e 18 de  novembro

HORARIO: de 19:00 a  20:15 h

 

 

CLUB DE LECTURA POÉTICA: Paradigmas da modernidade

 

Apertura de inscrición o 27 DE SETEMBRO   ás 16:30 na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

 

Guiado polo poeta, narrador e profesor Xoán Abeleira, no que afondaremos, de xeito práctico e ameno nas obras dos grandes poetas universais.

PRAZAS: 15

DÍA: os xoves de 19:00 a 20:30 h

DURACIÓN: do 17 de outubro ao 23 de xaneiro

 CLUB DE LECTURA DIXITAL

Acceso libre coas claves da EbiblioDaCoruna

Dirixido por Patricia Cernadas

DURACIÓN: outubro-decembro

Data de comezo: 1 de outubro

Web: https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es/

 

LECTURAS DO CLUB:

El  museo de la inocencia, do Premio Nobel Orhan Pamuk

– Elisa e Marcela, de Narciso de Gabriel

– El verano sin hombres, do Premio Princesa de Asturias Siri Hustvedt

– Contos de Santos e Nadal, de Ramón Otero Pedrayo

Información no 1º andar, 981 080 176 ou biblioteca.info@dacoruna.gal

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *